Actualidade

Ex., 13-04-2024
Ex., 13-04-2024
Mércores, 27 de marzo de 2024
O Concello de Lugo reduce o período medio de pago a provedores a 7,85 días, moi por baixo dos 30 de tope normativo

O Executivo de Paula Alvarellos logrou situar este parámetro no último trimestre de 2023 en 8.29 días no mes de outubro, 8,04 en novembro e 7,22 en decembro.

“Temos a fime vontade de conseguir que as nosas pequenas e medianas empresas poidan ter diñeiro liquido para atender as súas obrigas, para crecer, e así contribuír ao desenvolvemento da nosa cidade”, sinalou o edil de Recursos Internos, Pablo Permuy.

Neste período realizouse o pagamento de 2.006 facturas, por un importe total de 22.839.454 euros, incrementándose de forma salientable a porcentaxe de compromisos pagados en tempo e o importe total aboado en prazo.

Mércores, 27 de marzo de 2024
A área de Participación amplía os horarios de enterramentos no Cemiterio Municipal

A partir do 1 de abril, o cemiterio permitirá enterros entre as 10:30 e as 18:00

Cristina López: "garantimos que se poidan realizar ata 6 enterros diarios de luns a sábado"

Martes, 26 de marzo de 2024
Paula Alvarellos oficializa a toma de posesión da novo interventor municipal

“O teu labor é capital na xestión desta Administración local, polo que estás chamado a desenvolver un papel de gran valor para o noso municipio. Queremos agradecer o teu compromiso con Lugo”, sinalou a alcaldesa.

Martes, 26 de marzo de 2024
O Executivo de Paula Alvarellos pon a disposición do tecido asociativo varios locais e salas de uso múltiple no CEI-Nodus

O Executivo de Paula Alvarellos aprobará a convocatoria e as bases que rexerán a cesión dos espazos, por un máximo de tres anos, na Xunta de Goberno local desta semana.

Mauricio Repetto: “O obxectivo é facilitar a súa actividade e a posta en marcha de programas cos que dinamizar economicamente e poñer en valor o noso territorio”.

O prazo de presentación das solicitudes será de 20 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Luns, 25 de marzo de 2024
A alcaldesa Paula Alvarellos recibe na Casa Consistorial aos altos cargos da Armada con motivo da celebración do Luns Santo

Os representantes da Institución acudiron un ano máis á cidade para participar nos actos organizados na honra da Virxe da Esperanza.

“A presenza dos membros da Armada nas nosas rúas durante esta xornada non só é un símbolo de respecto e colaboración, senón tamén unha mostra da unidade que existe entre as forzas armadas e Lugo”, sinalou a rexedora.

Sábado, 23 de marzo de 2024
Maite Ferreiro e Cristina López inauguran o festival We Tattoo, que difundirá as artes corporais esta fin de semana na Praza de Abastos

O Festival conta coa participación de 5 negocios tatuadores lucenses, ademais de influencers e durante toda a xornada haberá animación musical e mostras das escolas lucenses de baile

Cristina López: "Seguimos promocionando á Praza e ao Mercado como espazos polivalentes nos que acoller distintas actividades para todos os públicos"

Páxinas