Actualidade

Ex., 26-09-2022
Ex., 26-09-2022
Venres, 12 de agosto de 2022
Lara Méndez: “a participación cidadá na Axenda Urbana 2030 é de vital importancia neste camiño para deixar un Lugo mellor”

Esta previsto que teñan lugar novos encontros onde tanto cidadáns, como persoal municipal poderán coñecer e comprender a nova política urbana de man de expertos.

A Axenda Urbana constitúe unha valiosa ferramenta para mellorar a calidade de vida das persoas que viven no noso municipio.

Xoves, 11 de agosto de 2022
Lara Méndez pon en valor a solidaridade lucense que permitiu recadar 11.050 euros para a poboación infantil ucraína

A acción ‘Lugo con Ucraína’, impulsada pola Confederación de Empresarios e a Federación Veciñal e á que se sumaron Concello e Deputación, acadou unha elevada implicación social a través da venda de camisetas.

Unha ducia de entidades e negocios locais colaboraron na iniciativa que tiña por obxectivo “apoiar ao elo máis feble do conflito, os nenos e nenas ás que esta guerra cruenta está ocasionar perdas irreparables”, sinalou a alcaldesa.

Xoves, 11 de agosto de 2022
O Concello de Lugo implanta un operativo específico para rematar coa proliferación de malas herbas nas beirarrúas da cidade

O dispositivo, que se manterá de forma permanente, contará con dúas brigadas itinerantes compostas por tres operarios cada unha.

As tarefas comezarán nas contornas de Albeiros e Rampla de Claudio López e se estenderán por toda a cidade en días sucesivos.

A alcaldesa explicou que os labores se levarán a cabo con maquinaria eléctrica “máis sostible ambiental e acusticamente, o que se traducirá tamén en menores molestias para a cidadanía”.

A actuación é unha das primeiras medidas adoptadas polo Executivo de Lara Méndez logo de que a empresa Ecolugo se fixera cargo da adxudicación do servizo de limpeza viaria.

Mércores, 10 de agosto de 2022
Lara Méndez supervisa o avance das obras de acondicionamento da parcela do Impulso Verde baixo criterios rigorosos de eficiencia enerxética

Os labores inclúen a humanización da contorna, a creación de xardíns de choiva e dun carril bici, alén da pavimentación de zonas peonís con material drenante.

A Xunta de Goberno autorizaba a adxudicación dos traballos á empresa Ovisa, por importe de 168.190 euros.

Martes, 09 de agosto de 2022
A plataforma de baño pública no Miño está deseñada para garantir a seguridade dos e das bañistas e mellorar a accesibilidade ao río

A Administración local argumenta nas alegacións que fará chegar á CHMS que todos os datos técnicos sobre protección ambiental e condicións do curso fluvial avalan a súa instalación.

O sistema modular inclúe a creación de catro piscinas de diferentes profundidades para uso infantil e adulto.

O Concello de Lugo apela á Xunta a reconsiderar a súa negativa ante a elevada demanda social que ten esta infraestrutura como demostra que se duplicara a afluencia nas piscinas de Frigsa esta fin de semana.

Martes, 09 de agosto de 2022
O Concello de Lugo incrementa as medidas de aforro de auga como medida preventiva ante un posible agravamento da seca

Sen comprometer o aseo nin o ornato público, a área de Medio Ambiente diminuirá nun 30% o volume de auga empregado para a rega de xardíns e nun 50% o destinado ao baldeo da capital.

O Executivo de Lara Méndez pretende, así, adecuarse á realidade hídrica actual de forma proactiva para evitar outras limitacións que ocasionen maiores prexuízos á cidadanía.

Luns, 08 de agosto de 2022
A concellería de Benestar abre o prazo de inscrición para asistir ás dúas excursións enmarcadas no Programa de Animación Sociocultural

O prazo para inscribirse na primeira excursión estará aberto dende hoxe ata o xoves 11 de agosto, no Centro de Convivencia Maruja Mallo, en horario das 09.00 ás 13.30 horas.

Páxinas