Actualidade

Ex., 23-09-2023
Ex., 23-09-2023
Martes, 19 de setembro de 2023
Deportes potencia o traballo das entidades deportivas coa concesión de 321.000 euros en achegas municipais

O concelleiro de Deportes, Jorge Bustos, animou aos clubs e colectivos sen ánimo de lucro que traballan no fomento da actividade física a solicitalas antes do próximo 29 de setembro.

Bustos remarcou a importancia da cooperación entre a Administración local  e o tecido asociativo para a promoción do deporte base.

Luns, 18 de setembro de 2023
Rubén Arroxo presenta a iniciativa Lugo a Pé coa que a área de Mobilidade potenciará o desprazamento a pé pola cidade

As marquesiñas do bus urbano acollerán paneis informativos sobre os tempos de desprazamento entre os principais puntos da cidade

Rubén Arroxo: “presentamos unha iniciativa que permitirá ás veciñas e veciños de Lugo realizar os seus desprazamentos de xeito amable co medio ambiente compaxinando o bus urbano e os desprazamentos a pé”

O Goberno de Lugo presenta esta iniciativa na primeira xornada da Semana da Mobilidade

Luns, 18 de setembro de 2023
O Impulso Verde, protagonista do Día Mundial da Construción Sostible a elección do Clúster da Madeira

Este novo recoñecemento foi recibido con satisfacción polo Executivo local que destaca que a proxección do edifico está a situar a Lugo como administración local referente a nivel internacional na promoción da arquitectura sostible.

Con motivo desta distinción, o equipamento municipal acollerá un acto de homenaxe, que se celebrará o próximo venres 22 de setembro a petición da agrupación de empresas  madeireiras.

Luns, 18 de setembro de 2023
Actividades culturais, deportivas e de ocio compoñen o programa da USC e o Concello para dar a benvida ao novo estudantado do campus

O edil de Xuventude participou este luns na presentación de #BenVidaUSC!, iniciativa coa que se dará a coñecer a cidade e os seus servizos aos novos alumnos e alumnas.

Bustos felicitou ao equipo da Universidade polo traballo que están a realizar “que contribúe ao incremento de alumnos que optan por Lugo para a súa formación”.

Sábado, 16 de setembro de 2023
A Tenencia de Alcaldía avanza na renovación da rede de alumeado público cunha nova intervención na zona da rúa Dinán

Estanse a renovar das luminarias ubicadas nas rúas Hermanitas, Río Neira, Cidade de Vigo, Pedro González López, Dinán e Praza de Bretaña, o que supón un investimento de 192.740,90€.

Alexandre Penas: “seguimos traballando para que a totalidade da rede de alumeado público de Lugo sexa eficiente, reducindo o gasto en consumo eléctrico do concello”.

Venres, 15 de setembro de 2023
As obras de peonalización de Quiroga Ballesteros destapan dúas lápidas de orixe romana e relevante valor histórico

Unha das pezas atópase nun excelente estado de conservación e na súa inscrición pode apreciarse que pertenceu ao sepulcro dunha muller chamada Rufina.

Os restos atópanse fora do contexto funerario para o que foron concibidos, polo que os arqueólogos consideran que puideron ser reutilziados en construcións posteriores.

Lara Méndez adiantou esta mañá durante a súa visita aos achados arqueolóxicos que a intención do Goberno local é que as pezas poidan ser expostas dentro da rede museística municipal.

Venres, 15 de setembro de 2023
O Executivo de Lara Méndez dinamizará os centros de convivencia de Lugo cunha ampla e variada programación sociocultural

Bricolaxe, decoración de pezas de madeira ou coidado e coñecemento das plantas mediciñáis son algunhas das novidades que se incorporan esta tempada á oferta municipal.

A alcaldesa de Lugo puxo en valor a transversalidade das propostas “coas que pretendemos atender as necesidades físicas, socieducativas e emocionais da poboación”.

As persoas interesadas poden inscribirse dende o vindeiro luns, día 18 e até o 22 de setembro, entre as 09:00 a 13:00 horas, nos centros de convivencia ou a través do rexistro electrónico do Concello.

As listas definitivas publicaranse o próximo 16 de outubro e as actividades, que comezarán o día 2 de novembro, estenderanse até o 31 de maio.

A edil Ana González Abelleira salientou que moitos dos obradoiros serán gratuítos e outros terán un custo moi baixo “en prol da inclusión e para garantir a igualdade de dereitos e oportunidades de toda a cidadanía”.

Venres, 15 de setembro de 2023
Rubén Arroxo presentou as actividades da Semana Europea da Mobilidade que buscan “promocionar o transporte público e os medios alternativos”

O bus urbano será gratuíto o día 22 de setembro, día Europeo sen coches.

A praza Horta do Seminario acollerá actividades para as nenas e nenos, onde se poderá coñecer o funcionamento dun bus híbrido.

Páxinas