Actualidade

Ex., 30-06-2023
Ex., 30-06-2023
Luns, 24 de abril de 2023
O MIHL acollerá este venres a gala benéfica Lucus Moda Atlántica, que dará a coñecer as creacións de deseñadoras galegas e portuguesas

O importe recadado a través das entradas, que teñen un prezo de 20 euros, será donado íntegramente a UNICEF, o Fondo das Nacións Unidas para a Infancia.

Lara Méndez: “A cita –enmarcada na programación da Capital da Cultura– servirá de escenario para a promoción do comercio e deseño de moda do noroeste peninsular”.

Toda a información sobre esta cita pode consultarse en www.lugocapitaldacultura.com

Luns, 24 de abril de 2023
O Concello adxudica a nova licitación coa que se reactivará a renovación da traída de augas no Grupo La Paz

A Xunta de Goberno Local outorgará esta semana os traballos para substituír a rede de abastecemento e modernizar o saneamento da zona, por un importe de 603.880 € euros.

A Administración local rescindira o anterior contrato ante os reiterados incumprimentos da primeira adxudicataria ao respecto dos prazos de execución das obras.

Neste mandato, o Executivo de Lara Méndez investiu preto de 1’5 millóns de euros na renovación das canalizacións de fibrocemento en distintos puntos da cidade.

Luns, 24 de abril de 2023
O Concello de Lugo amplía o número de entidades bancarias para o pago de tributos e obrigas municipais

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asinou hoxe un convenio co banco Santander para facilitar as tarefas de recadación e fomentar a domiciliación de recibos.

Luns, 24 de abril de 2023
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Servizos destacados durante o fin de semana do 21 ao 23 de abril.

Venres, 21 de abril de 2023
O Tour do Talento de Lugo despregará máis de 50 actividades dirixidas a potenciar o futuro profesional dos mozos e mozas

O evento, que promove a Fundación Princesa de Girona, da man do Concello incluirá foros, debates, talent sessions e unha ampla programación de lecer e actividades deportivas.

O obxectivo desta iniciativa é potenciar e reter o talento local, conectando á xuventude coas empresas e coas tendencias que determinan a novo paradigma laboral.

Lara Méndez destacou a súa importancia “non só para visibilizar o noso potencial educativo e talento xuvenil, senón tamén para poñer unha vez máis a Lugo no mapa nacional”

O venres, 5 de maio, terá lugar o acto central no auditorio municipal co anuncio do Premio Princesa de Girona de Investigación Científica.

Venres, 21 de abril de 2023
O Concello de Lugo accede á parcela do Garañón para iniciar os traballos de demolición das torres e crear no terreo un pulmón verde

A empresa adxudicataria, que disporá de 120 días para acometer os labores de derruba, realizará primeiro un levantamento topográfico para planificar as tarefas.

A rexedora amosaba a súa satisfacción “por poder seguir avanzando con firmeza na determinación adoptada darlle continuidade, neste enclave, ás Costas do Parque”.

Durante a execución das obras, o Concello exercerá un seguimento das mesmas cunha periodicidade mínima de 15 días, coa intención de controlar os progresos.

Lara Méndez puxo en valor o traballo feito pola área de Sostibilidade Urbana e subliñou a rigorosidade de todos e cada un dos pasos dados durante o proceso.

Xoves, 20 de abril de 2023
Lara Méndez implica á mocidade no deseño do futuro do municipio a través do reto “Lugo a cidade que imaxinas e na que queres vivir”

Esta iniciativa enmárcase na celebración do Tour do Talento en Lugo, que terá lugar do 2 ao 7 de maio, organizado polo Concello de Lugo e a Fundación Princesa de Girona.

“Buscamos incentivar a participación dos mozos e mozas lucenses, a través das súas ideas e propostas, ao mesmo tempo que se difunde a cultura emprendedora”, apuntou.

As e os interesados en participar no reto deberán enviar un correo electrónico a tourdotalento@alcaldia.gal. As bases e toda a información atópanse na web de Xuventude.

Xoves, 20 de abril de 2023
A cidadanía lucense recicla no primeiro trimestre de ano máis de 16 toneladas de téxtiles nos colectores habilitados pola área de Medio Ambiente

O concelleiro Miguel Fernández destaca a colaboración da veciñanza para desfacerse de xeito responsable deste tipo de residuos que agora terán unha segunda vida.

A iniciativa busca mellorar contorna ambiental e social, mediante a reutilizacion de pezas usables ou a través da súa transformación.

Xoves, 20 de abril de 2023
As Caldas do Miño rexistran preto de 3.600 usuarios no seu primeiro mes da apertura, un 15% procedente de fóra de Lugo

Os dous días de maior afluencia foron o 6 e o 17 de abril, cunha media de 166 e 153 persoas de media. En Semana Santa, o 40% dos usuarios foron foráneos.

O 75 % das persoas que se achegan ata as novas infraestruturas o fan en parella, grupos de familiares ou de amigos e un 25% de maneira individual.

Páxinas