Actualidade

A primeira das actuacións terá lugar este venres, 15 de xullo, ás 21 horas, na capela do Carme.
O evento desenvolverase en templos situados nesta vía de peregrinaxe: Capela do Carme, San Miguel de Bacurín, San Vicente do Burgo, San Martiño de Poutomillos e na Catedral de Santa María.

As alertas sonoras, como alarmas ou timbres, traduciranse en notificacións visuais, a través das luces do inmoble e dunha app de descarga gratuíta.
A iniciativa, actualmente en fase de probas, se enmarca na estratexia Muramiñae que tamén inclúe incrementar a comunicación entre a cidadanía e a Administración a través das novas tecnoloxías.
“O noso obxectivo é pular pola integración real e eliminar todas as barreiras físicas e sensoriais que a dificultan en prol dunha verdadeira inclusión”, afirmou a concelleira de Benestar, Olga López Racamonde.

Co respaldo de Lence, Norvento Enerxía, Torre Núñez, Grupo Arenal, Alibos, Candelas, Grupo El Progreso, Dmanán e Torsa o capital inversor do Fondo municipal ascende de 12 a 13 millóns de euros.
A rexedora agradece o seu apoio e pon en valor a unión das empresas locais máis recoñecidas que “ao igual que os e as lucenses se converterán en accionistas de proxectos innovadores”.
A alcaldesa anuncia que o día 27 deste mes se celebrará a primeira reunión da Comisión de Investimentos, onde se estudarán os primeiros catro proxectos.


Trátase da nova iniciativa promovida polo Goberno de Lara Méndez dentro do Plan de dinamización de barrios, para fomentar o consumo nos establecementos locais.
Lara Méndez: “Esta campaña súmase aos tardeos e noiteos, actividades coas que buscamos encher de vida as prazas da cidade durante a época estival”.
Para participar no sorteo de premios, os interesados deberán presentar un ticket de compra, dun importe mínimo de 10 euros, dos comercios adheridos.
Haberá voos cautivos en globo aerostático, vales para consumir no comercio e hostalería da cidade, así como agasallos do momemento Localmente Lucense.

A rexedora lucense recibiu, nunha visita institucional ao Concello, á nova directora da Escola Politécnica Superior de Enxeñería. Rosa Romero Franco é a primeira muller que ocupa o cargo.
Na xuntanza, Méndez puxo en valor o prestixio da USC en Lugo e as súas capacidades como motor económico, tecnolóxico e empresarial e como dinamizador do tecido social.

O investimento realizado foi de 28.000 euros, cifra que permitiu actuar nos 305 m2 que ten de superficie.
A obra incluíu, labores de xardinería, renováronse os bordos perimetrais, lixáronse e pintáronse os bancos e colocáronse novas papeleiras, en consonancia coa reforma.
A intervención leva consigo a realización dun graffiti, deseñado polos artistas de Concepto Circo.

A rexedora trasladou os seus parabéns aos membros do grupo que se alzaron co título nacional, impoñéndose a outros 48 conxuntos de todo o país.


A Xunta de Goberno Local aprobaba hoxe as bases da convocatoria á que se poderá concorrer durante 15 días trala súa publicación no BOP.
O edil Mauricio Repetto convidou aos clubs e colectivos sen ánimo de lucro que traballan no fomento da actividade física a solicitalas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »