Actualidade

Ex., 09-12-2023
Ex., 09-12-2023
Sábado, 18 de novembro de 2023
O Executivo de Lara Méndez esixirá no Pleno que a Xunta mellore as infraestruturas viarias lucenses para impulsar o desenvolvemento económico e social da provincia

O documento inclué proxectos locais, como o Plan Paradai, o enlace de conexión entre o Parque das Gándaras e a A-6 ou a contrución de dúas sendas peonís e ciclistas comprometidas polo Consello da Xunta en marzo do 2022.

A iniciativa evidencia a falta de vontade política do actual Goberno autonómico cos accesos ao porto seco de Monforte, o atraso no corredor de Nadela a Sarria, a Vía de Alta Capacidade da Costa ou o arranxo da LU-651 entre Folgoso do Courel e Quiroga.

Venres, 17 de novembro de 2023
O fondo emprendedor Lugo Transforma capta a unha startup tecnolóxica en pleno proceso de expansión por Europa

A compañía Boldest, dedicada á creación de experiencias dixitais para turismo e comunicación corporativa, recibirá un investimento de 360.000 €.

A previsión da firma, de orixe coruñesa, é sextuplicar nos próximos catro anos o seu cadro de persoal contratando 31 persoas con perfís cualificados en desenvolvemento de software, marketing dixital e vendas.

A súa implantación na cidade, onde xa dispón de sede na rúa Montero Ríos,  contribuirá a situar ao municipio como polo de atracción de empresas vangardistas e innovadoras.

O xestor de Torsa, Jesús Torres, enxalzou a valía do Lugo Transforma “xa que, no contexto actual, este apoio económico é ouro para a viabilidade de proxectos empresariais”.

Venres, 17 de novembro de 2023
Maite Ferreiro anuncia a celebración do VI Congreso ‘Nutrición e Sostibilidade’ que acollerá o MIHL

O Museo Interactivo da Historia de Lugo é o espazo escollido para a celebración deste congreso o mércores 22 de novembro, en colaboración coa ADINU.

A programación terá xornada de mañá e de tarde e contará con faladoiros, exposicións, talleres e debates sobre as diferentes alternativas de alimentación.

Maite Ferreiro destacou a importancia destas iniciativas que “supoñen os cementos dunha sociedade consciente e preparada para construír un futuro saudable e sostible”.

Venres, 17 de novembro de 2023
O Executivo de Lara Méndez respaldará no Pleno as revindicacións do colectivo da avogacía e a procuración para acadar unhas condicións de xubilación dignas

O documento insta ao Goberno a promover as modificacións normativas necesarias para establecer unha pasarela que permita a posibilidade de que estes profesionais poidan recuperar as súas achegas ás mutualidades privadas con destino ao RETA.

A voceira municipal explicou que o seu grupo quere amosar un apoio forte e decidido a un colectivo estratéxico para o correcto desenvolvemento do sistema xurídico e, polo tanto, fundamental para acadar que a Xustiza sexa real e efectiva para toda a cidadanía.

Venres, 17 de novembro de 2023
A concellería de Sostibilidade Urbana facilitará os martes atención técnica para consultar sobre o PXOM

Paula Alvarellos convida á cidadanía a empregar este servizo e advirte que a única información veraz e vinculante sobre o planeamento local é a que facilitan os/as técnicos municipais.

As persoas interesadas poderán concertar a súa cita no teléfono 982.29.73.17 e, posteriormente serán atendidos nas dependencias do Concello en horario de 9:30 a 11:30 horas.

Venres, 17 de novembro de 2023
 Maite Ferreiro visita as actividades de animación á lectura da Biblioteca Municipal

O MIHL acolle cada ano unha serie de actividades gratuítas para animar ás nenas e nenos a ler e a acudir á Biblioteca Municipal.

As actividades, que se dividen por trimestres, contan sempre cunha gran participación por parte do público.

Xoves, 16 de novembro de 2023
A carreira popular Lugo Monumental celebrará a súa vixésima edición o vindeiro 17 de decembro impulsada polo Concello de Lugo

As inscricións abrirán esta medianoite ata o vindeiro 10 de decembro.

Obsequiarase a todos e todas os e as participantes adultos/as cunha camiseta conmemorativa e para as categorias inferiores haberá entrega de medallas.

A carreira estará limitada a 1.200 adultos e toda a información do evento atópase dispoñible na páxina web: www.10klugomonumental.com

Xoves, 16 de novembro de 2023
O Executivo de Lara Méndez deseña coa veciñanza do rural a programación sociocultural das parroquias

Ana González Abelleira e Miguel Fernández reuníronse con representantes das asociacións para coordinar as actividades que se porán en marcha a partir de xaneiro.

O Concello retoma a dinamización social nos núcleos fomentando a participación activa da cidadanía, a convivencia interxeracional e o arraigamento no rural.

Xoves, 16 de novembro de 2023
Amaral, novo cabeza de cartel do Caudal Fest 2024

O dúo zaragozano únese ás bandas e artistas de primeiro nivel nacional como Mikel Izal, Viva Suecia, Arde Bogotá, Ginebras ou Nil Moliner que actuarán na cita musical luguesa.

O evento, consolidado como a última gran festa do verán, volverá a contorna fluvial do río Miño os días 20 e 21 de setembro con máis da metade dos abonos xa vendidos.

O Concello volverá a ser o principal impulsor e dinamizador do festival, que contará un ano máis co patrocinio de Estrella Galicia, como principal sponsor privado.

Páxinas