Actualidade


A Alcaldesa de Lugo avanza no seu compromiso de crear un novo pulmón verde que lle dea continuidade ao Parque de Rosalía de Castro e ao Miño, ampliando o cinto natural da cidade
A Xunta de Goberno aprobará mañá o inicio da licitación da demolición, que se executará nun prazo de 8 meses tras a entrega do proxecto, cun orzamento de 965.000 euros.
O Concello finaliza, ademais, un expediente urbanístico no que se constata que o construído non é legal nin legalizable ao incumprir o Pepri e non axustarse á licenza.

A rexedora, Lara Méndez, participou na presentación do convenio de colaboración que a USC asinará con 65 municipios da provincia para apoiar o proxecto.

O Concello de Lugo refuta con medicións as obxeccións alegadas pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural.
Os valores da Estación foronómica do Miño descartan crecidas ou secas extraordinarias e a xustificación técnica do proxecto afianza que nin 760 persoas de 80 kg cada unha, xuntas sobre o pantalán, farían que a plataforma tocase o leito.
Miguel Fernández cuestiona cara onde suxire a Xunta trasladar a dotación se, “segundo ela mesma indica, todo o Miño ao seu paso por Lugo é área de alto valor ecolóxico e non contamos con ningún lago, presa ou encoro aos que entende se axustan mellor as piscinas flotantes, algo que xa coñecía en 2019 cando deu o seu beneplácito á concesión”.
Servizos destacados durante a fin de semana do 22 ao 25 de xullo/22.

Contará con 14 prazas para mozos e mozas de entre 14 e 35 anos, sendo necesario para os menores de 18 entregar xustificante.
A inscrición será por rigurosa orde desde hoxe ata as 14.00h do 29 de xullo a través da web: www.lugomasxti.org.

Será a través da curta LILITH, unha antoloxía de relatos que abordan dende unha perspectiva poética as dificultades, intolerancia e a discriminación que sofren estas mulleres no seu día a día.
A proxección terá lugar no auditorio do Vello Cárcere, o xoves 28 de xullo, a partir das 19.00 horas. A entrada é libre, ata completar aforo. Posteriormente terá lugar un coloquio.
O executivo de Lara Méndez colabora co labor diario de FADEMGA cunha achega económica para os servizos de información e orientación laboral e apoio para o emprego en Lugo para persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.



A Administración local presentará ante Confederación un novo informe que clarifica, con datos, as obxeccións nas que a Xunta se basea para negar a posibilidade de instalar as piscinas nese punto do río.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »