Actualidade

Servizos destacados durante o fin de semana do 12 ao 14 de maio de 2023.

A inciativa, na que participarán grupos de baile lucenses e do país luso, terá lugar este luns e martes no MIHL e o auditorio municipal Gustavo Freire.
“Mediante este encontro buscamos visibilizar e poñer en valor as artes escénicas e a creación artística de ambas rexións”, explicou Lara Méndez.
Como acto central da programación, o artista galego Mondra interpretará mañá no Auditorio Municipal Gustavo Freire, ás 20:00 horas, a súa “Folía das Ardentes”.
Toda a información sobre esta actividade atópase en www.lugocapitaldacultura.com

A rexedora, tal e como se comprometera cos residentes, deu conta do informe elaborado polo departamento de Enxeñería do Concello sobre a situación actual deste polígono.

A primeira terá lugar o vindeiro xoves, 18 de maio, á que foron convocados os colectivos do movemento asociativo, entre eles a Plataforma SOS Milagrosa Lugo Norte.
A alcaldesa, Lara Méndez, mantivo un encontro e recorreu o barrio co equipo redactor do proxecto e coa veciñanza para valorar as posibles intervencións na contorna.
Entre accións previstas figura o establecemento, no Centro Social da Milagrosa, dunha xornada semanal de atención ao público. Será os venres, de 11:00 a 13:00 horas.
Coa memoria resultante o Concello tratará de acadar fondos europeos para poder actuar con maiores recursos e celeridade, sufragando as reformas dos inmobles pero mellorando, tamén, o espazo público.

A programación, posta en marcha polo executivo municipal, dará comezo o sábado ás 12:00 horas coa apertura de stands e incluirá unha zona miúda, degustacións e un Dj.
Lara Méndez convidou a toda a cidadanía a participar nesta cita “na que ademais se poderá participar en xogos, obradoiros e actividades pensadas para o goce en familia”.
Toda a información sobre esta actividade atópase en www.lugocapitaldacultura.com


Mañá ás 12.30h a Praza Sta María acollerá a actividade ‘Cantar ó Arde Lucus’. En caso de choiva, a mesma será no mesmo horario pero trasladarase ao Polideportivo Municipal.
Nove centros educativos sumáronse a esta cita, organizada pola Escola Música Heiko, en colaboración co Concello de Lugo.

As inscricións - por rigorosa orde de entrada - poden realizarse entre o 15 e o 25 de maio, a través da web lugomasxti.org.

Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »