Actualidade

Ex., 01-07-2023
Ex., 01-07-2023
Mércores, 17 de maio de 2023
O Concello licita o conxunto escultórico que presidirá o Parque da Lembranza na honra das vítimas e profesionais que loitaron na pandemia

O executivo de Lara Méndez aprobará na Xunta de Goberno Local o inicio da contratación para a instalación desta obra, composta por dez pezas individuais de madeira e aceiro.

“Pretende poñer de manifesto o vínculo existente entre o ser humano e a natureza, de forma que simulen a presenza de seres vivos en comunidade”, explicou a rexedora.

As pezas que compoñen o conxunto escultórico serán diferentes entre si, cunhas dimensións que oscilan entre os 40-80 cm de ancho e 1.80-2.00 m de altura aproximada.

O novo parque aglutina catro parcelas municipais nunha superficie de case 770 m2, situadas entre a Rolda do Carme e o Regueiro dos Hortos.

Martes, 16 de maio de 2023
Continúa a programación do mes de maio para dinamizar o barrio da Milagrosa

O mércores 17 de maio a Rúa Menorca acollerá, a partir das 18.30h, unha sesión de contacontos a cargo de Cris de Caldas dirixida a público infantil.

Mañá a Academia de Música Nova Escola, realizará de 19.00h a 20.30h, un pasarrúas de música tradicional por todo o barrio da Milagrosa.

Martes, 16 de maio de 2023
O Concello de Lugo adxudicará este xoves a construción do primeiro Ecoparque urbano en Campo Castelo

A Xunta de Goberno Local outorgará esta semana a obra a Calfensa, por un importe de 312.748 euros e un prazo de execución de 5 meses.

A alcaldesa lembra que a actuación implicará unha remodelación integral da zona de xogos, que se ampliará en máis de 70 m².

“A reforma acadará tamén unha transición serena deste espazo cara a Praza Maior e o Concello, mellorando a estética da zona PEPRI”, afirmou Lara Méndez.

Accesibilidade e sostibilidade serán dúas constantes das instalacións nas que todos os elementos e o mobiliario urbano procederán da reciclaxe de plásticos.

As escaleiras substituiranse por ramplas e os cerramentos irán revestidos semellando madeira para integrarse na contorna como un gran banco que favoreza á socialización.

Martes, 16 de maio de 2023
A área de Medio Ambiente inicia os traballos de reparación das escaleiras e sendeiros peonís das Costas do Parque

Os traballos, que comezan esta mañá, inclúense dentro das melloras previstas no novo contrato de mantemento das zonas verdes municipais.

Luns, 15 de maio de 2023
O Goberno de Lara Méndez solicita fondos europeos para a mellora, rehabilitación e posta en valor da Casa Consistorial para uso turístico

A contía solicitada, con cargo aos fondos Next Generation, ascende a case 3M cos que se acondicionará o edificio para facilitar a súa visita e coñecemento por parte da cidadanía.

Actuarase no patio interior central, renovándoo por completo, ao tempo que se mellorará o acceso á Torre do Reloxo, e se mellorarán os espazos e as zonas comúns.

Méndez: “Con este investimento levaremos a cabo tamén obras de eficiencia enerxética, que nos permitirán acadar menores consumos e reducir a pegada de carbono”.

A Casa do Concello foi declarada monumento histórico artístico. O edificio orixinal data de 1573, cumplíndose 450 anos da súa construcción e 150 da inauguración da Torre do Reloxo.

Luns, 15 de maio de 2023
Alcaldía e Proteccion Civil achegan esta semana á pobación as claves para actuar correctamente ante un lume ou un sinistro de tráfico

A acción forma parte da programación prevista dentro da Semana de Prevención de Incendios organizada polo Concello de Lugo.

“Queremos darlle á poboación as ferramentas didácticas necesarias para que saiban como afrontar este tipo de situacións con seguridade”, afirmou Lara Méndez.

Xoves e venres o alumnado dos centros educativos da cidade terá a oportunidade de coñecer como atallar un lume ou descubrir como se desenvolve un rescate acuático.

Mentres, na sesión do sábado, aberta ao público en xeral, os distintos servizos de emerxencia do municipio farán un simulacro para amosar como traballan coordinadamente na abordaxe dun accidente.

Luns, 15 de maio de 2023
O Arde Lvcvs estará presente en máis de 5.000 puntos da xeografía española a través dunha campaña de Torre de Núñez

Lara Méndez agradece a implicación da empresa nesta promoción, que se desenvolve “unha vez que acadamos o distintivo de Festa de Interese Turístico Internacional”.

Páxinas