Actualidade


O prazo para inscribirse na primeira excursión estará aberto dende hoxe ata o xoves 11 de agosto, no Centro de Convivencia Maruja Mallo, en horario das 09.00 ás 13.30 horas.

Servizos destacados da fin de semana do 5 ao 7 de agosto.

O curso de formación como DJ, está organizado polo Concello e subvencionado polo Plan Nacional sobre Drogas.
A inscrición é gratuíta, e estará aberta dende o 8 ata o 18 de agosto, a través da web www.lugomasxti.org.

“Estamos a cumprir os nosos compromisos coa veciñanza para que gocen dun espazo ben acondicionado, e confiamos en que a Xunta reconduza a súa negativa”, sostén.
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, achegouse ata o río co edil de Medio Ambiente, onde comezou a instalarse o mobiliario previsto para acondicionar a zona da plataforma.
O Concello pídelle ao PP que non faga demagoxia: “Son coñecedores de que os Robles foi a nosa primeira opción, pero ten moita máis protección e a Xunta non a apoiou”.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, achegouse a ver o avance desta actuación que, cun investimento de 514.000 euros, é a de maior contía incluída no Plan de Erradicación.
A rexedora incidiu na necesidade destas obras para substituír este elemento contaminante, aínda que non tóxico para a saúde, e ter infraestruturas máis duradeiras.

Lara Méndez eximirá do pago de acceso ás piscinas exteriores para que “ningún veciño deixe de ter a oportunidade de refrescarse ante as altas temperaturas deste verán”.
A rexedora sostén que ante a discriminación do Goberno galego aos lucenses, “desde o Concello habilitamos alternativas porque só nos move o benestar da nosa veciñanza”.
O Concello presentará alegacións á segunda negativa da Xunta.
“O goberno autonómico avalou a dotación no río, que temos autorizada por 25 anos, e agora nos quere privar dela amparándose en criterios que non se sosteñen tecnicamente”, lembrou.

Unha vez finalizada a actuación que impulsa Alcaldía con fondos europeos e que ten un prazo de execución de oito meses, esta infraestrutura, de hai 1.700 anos, será visitable.
Esta obra avanza cara o firme obxectivo da rexedora lucense de converter a Lugo no epicentro cultural do pasado romano de Galicia e do noroeste peninsular.
A rexedora confía en que este avance supoña un acicate para que a Xunta axude a impulsar o Museo da Romanización en San Fernando.

O Executivo de Lara Méndez prepara dúas viaxes a Noia, o 28 deste mes, e á Illa de Arousa, o 3 de setembro, coincidindo coas festas da Empanada e do Polbo.
O prazo para inscribirse na primeira excursión estará aberto dende o luns, 8 de agosto, ao xoves, 11, no Centro de Convivencia Maruja Mallo, en horario de 09.00 a 13.30 horas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »