Actualidade

Ex., 28-03-2024
Ex., 28-03-2024
Xoves, 22 de febreiro de 2024
O Concello de Lugo porá en marcha un dispositivo especial de seguridade con motivo da celebración do Nacional de Motocrós

A rexedora informou que se reforzará a vixilancia para o correcto desenvolvemento da proba, garantindo a seguridade tanto dos participantes, como dos espectadores.

O Servizo de Bombeiros contará cunha dotación in situ no recinto, con vehículo autobomba, e Protección Civil mobilizará a un equipo cada día de entre 7 e 8 voluntarios.

A Policía Local organizará un dispositivo especial de vixilancia coa presenza de, cando menos, tres patrullas durante as noites, en previsión dunha elevada afluencia de persoas.

O circuíto municipal Jorge Prado albergará, por segundo ano consecutivo, esta proba na que participarán os mellores pilotos nacionais e unha boa representación internacional.

Xoves, 22 de febreiro de 2024
Maite Ferreiro anuncia unha nova exposición que amosará as pezas tradicionais da cerámica dos centros alfareiros de Lugo

Entre 200 e 300 cerámicas exhibirán no Vello Cárcere as semellanzas e as diferenzas entre as pezas realizadas nos catro centros artesanais que coexistiron na provincia de Lugo.

No proxecto colaboran tamén a Asociación Ceramolóxica Canaveira, a Unidade de Arqueometría da Universidade de Santiago e a FECYT.

Mércores, 21 de febreiro de 2024
A alcaldesa Paula Alvarellos participa no acto de conmemoración do Día internacional do guía turístico

“O seu labor é fundamental para que todo o noso patrimonio histórico, artístico e natural poida ser coñecido non só polas persoas visitantes, senón pola propia veciñanza”, sinalou a rexedora.

Mércores, 21 de febreiro de 2024
A Policía local estreita o cerco aos locais problemáticos de lecer nocturno co peche doutro establecemento

Nos últimos meses clausuráronse no municipio un total de 18 establecementos que causaban alteracións na convivencia por incumprimento da normativa de Espectáculos Públicos de Galicia.

“Este é o xeito no que debemos actuar anta casuisitcas onde non se concilia o dereito ao ocio co necesario e lexítimo dereito ao descanso da cidadanía ou cando o incumprimento da legalidade pon en perigo a seguridade da veciñzanza”, sinalou a rexedora.

O Goberno local insiste na importancia da colaboración cidadá para detectar posibles irregularidades noutros locais e así poder actuar de forma contundente sobre estes establecementos.

Mércores, 21 de febreiro de 2024
Aberto ata o 5 de marzo o prazo de solicitudes para a concesión de 32 hortos urbanos municipais situados no Parque de Paxariños

As parcelas sitúanse dentro dunha extensión de máis de 3.000 m² de zona verde, dos que se empregarán para cultivo 1.085 m2 e o resto da superficie se destina a zonas comúns.

Terán prioridade na convocatoria as persoas desempregadas, pensionistas, en risco de exclusión social, con dependentes ao seu cargo, ou maiores de 65 anos.

As colleitas destinaranse ao autoconsumo para favorecer os hábitos de vida saudables a través do cultivo orgánico de variedades locais.

Mércores, 21 de febreiro de 2024
Volve a da Mostra de Teatro Clásico celebrando a súa XXIV edición

“Contamos con 10  obras teatrais de primeira calidade, éxito de crítica e de público en diversos festivais de todo o Estado”, explicou Maite Ferreiro.

A XXIV edición da Mostra de Teatro Clásico terá lugar entre o 2 e o 17 de marzo no Auditorio Municipal Gustavo Freire.

Martes, 20 de febreiro de 2024
   A alcaldesa Paula Alvarellos defende o uso da auga rexenerada como arma contra o cambio climático

“O aproveitamento dos recursos hídricos é un desafío multidisciplinar que require unha xestión cunha manifesta vocación integradora, sostible e colaborativa na que se involucren todas as administracións”, dixo.

 “Non nos opoñemos a que se creen novas titulacións en outros lugares, pero sí que nos opoñemos a que o Campus Terra perda ninguha”, sinalou a rexedora en relación ao valor que ten para Lugo como territorio a súa universidade.

Páxinas