Actualidade

Ex., 28-03-2024
Ex., 28-03-2024
Mércores, 28 de febreiro de 2024
A área de Persoal reforza a Brigada de Augas con dous novos traballadores

O departamento que dirixe Pablo Permuy oficializou esta mañá a incorporación dun oficial fontaneiro e tramita a contratación dun oficial maquinista-fontaneiro.

Así mesmo, trabállase nunha modificación da RPT para que aqueles traballadores que cumpran os requisitos poidan promocionar de peóns a oficiais.

Estas contratacións súmanse a outras medidas impulsadas para dinamizar o servizo como a delegación no concelleiro de Transición Ecolóxica da contratacións necesarias para a resolución de avarías fóra dohorario da Brigada.

Mércores, 28 de febreiro de 2024
Paula Alvarellos anuncia a cesión dos terreos necesarios para edificar a nova comisaría de Policía Nacional en Abella

A rexedora e o delegado do Goberno en Galicia aseguraron na súa comparecencia que “a nova dotación xa non ten volta atrás”.

A nova sede da Policía Nacional edificarase nunha parcela municipal situada na rúa Orquídea, na súa confluencia con Aquilino Iglesia Alvariño, ten unha extensión de 2.117 metros cadrados e está catalogada como solo para equipamento.

“Deste xeito, cumprimos o noso compromiso de levar a nova comisaría á zona norte da cidade. Compromiso que foi adquirido cos colectivos veciñais destes barrios e que para nós era inquebrantable”, sinalou a rexedora.

“Superamos así anos de atrancos que non se merece esta cidade nin moito menos a Policía Nacional. Apostamos por un edificio novo e non por solucións peregrinas que pasaban por reformas de edificios doutras administracións”, manfestou Blanco.

Martes, 27 de febreiro de 2024
O Programa Socioeducativo en Igualdade do Concello, exemplo de boas prácticas municipais nunha xornada organizada pola FEGAMP

A responsable de Cohesión Social participou este martes como ponente nun encontro en Santiago que reuniu a concellos galegos na vangarda das políticas de igualdade.

Ana Abelleira: “Buscamos achegar á poboación adolescente ferramentas que axuden a potenciar o seu pensamento crítico e reflexivo ante as desigualdades de xénero”.

O Concello de Lugo é pioneiro na posta en marcha de programas específicos de concienciación entre a mocidade, impulsando estas accións dende o ano 2016.

Martes, 27 de febreiro de 2024
Paula Alvarellos delega no Director Xeral de Urbanismo a tramitación directa das licenzas inferiores a 300.000 euros para axilizar a súa resolución

Trátase dunha das primeiras medidas impulsadas pola alcaldesa para axilizar os procedementos administrativos que se xestionan nesta área.

“Este mecanismo vai incrementar considerablemente o ritmo de tramitación en expedientes de vivendas unifamiliares, reformas integrais ou acondicionamento de locais inferiores a ese importe”, indicou  a rexedora.

Así mesmo, o director xeral exercerá competencias sobre actuacións de disciplina urbanística, conservación e protección do patrimonio histórico-artísitco e promoción e xestión de vivenda.

Luns, 26 de febreiro de 2024
O Executivo local conclúe o parque da Lembranza coa instalación dun conxunto escultórico

“Queriamos renderlle esta homenaxe ás vítimas e aos colectivos involucrados na loita contra a pandemia. Neste espazo, a cidadanía poderá atopar un lugar de reflexión ao acougo das especies autóctonas coa que reforestamos esta área”, sinalou Alvarellos.

A intervención ofrece unha solución ás condicións orográficas da zona, mediante un itinerario practicable para os usuarios da Vía XIX que non poidan salvar a escalinata que dá acceso á Rolda do Carme.

Esta contorna experimentou nos últimos anos unha gran trasformación con proxectos como a peonalización da calzada Romana a humanización da rúa do Carme, a recuperación da Cloaca Romana ou a edificación do novo Coliving municipal.

Páxinas