Actualidade

Ex., 25-04-2024
Ex., 25-04-2024
Venres, 05 de abril de 2024
O Concello denuncia a vandalización dun magnolio recentemente plantado na Praza do Ferrol e pide respecto aos espazos públicos

O edil de Transición Ecolóxica condenou este acto sucedido na madrugada do mércores e pediu civismo á veciñanza. A árbore, que foi cortada, será reposta nos vindeiros días.

Miguel Fernández apuntou que xa se plantaron 11 magnolios e nas vindeiras datas plantaranse 8 bidueiros, no marco do proceso de renaturalización desta praza.

Así mesmo, estanse acondicionando tres parterres con céspede e distintas especies herbáceas decorativas e de porte pequeno.

Xoves, 04 de abril de 2024
O Executivo de Paula Alvarellos pon ao dispor da hostalería un servizo baixo demanda e gratuíto para a recollida de material nas terrazas provisionais

O edil de Transición Ecolóxica, Miguel Fernández, informou esta mañá de que o operativo, que ten por obxectivo facilitar a retirada de aveños e realizar unha limpeza viaria en profundidade, estará dispoñible ata o próximo 20 de abril.

Luce Lugo ofrece dúas opcións operativas: pódese solicitar telefonicamente a recollida do material tras desmontar a terraza ou pedir cita previa no punto limpo para evitar esperas á hora de depositalo.

Unha vez retirado o mobiliario é necesario acoutar o espazo ocupado para que o servizo poida limpar o pavimento antes de que aparquen coches.

Mércores, 03 de abril de 2024
O viveiro de empresas do Concello na Tinería completa a súa renovación coa apertura de seis negocios que contribuirán a dinamizar o barrio

Alvarellos e Repetto visitaron ás persoas emprendedoras beneficiarias da 2ª convocatoria posta en marcha polo executivo para a cesión de locais comerciais neste barrio da cidade.

A rexedora informou que “todos os negocios xa se atopan abertos ao público” e convidou á cidadanía a achegarse a coñecer os produtos e servizos que estes ofrecen.

O Concello alugou os espazos en condicións moi vantaxosas como mostra do seu compromiso coa rexeneración desta zona do Centro Histórico.

Martes, 02 de abril de 2024
O Goberno local adxudica Xantar no Fogar con importantes melloras no servizo que suporán un investimento de 474.302 euros nos próximos dous anos

A Xunta de Goberbo Local formalizará mañá a adxudicación a empresa Jardanay que aumentará a frecuencia de repartición  semanal e subministrará 1.000 comidas adicionais ao ano.

A nova adxudicataria aumenta a rotación dos menús a seis semanas, personalizará as dietas e ás enriquecerá cun litro de leite e outro de zumo de froita  á semana. Así mesmo contempla proporcionar neveiras nos casos de necesidade ou urxencia social.

“Este servizo permitenos mellorar a alimentación das persoas maiores e a súa calidade de vida ao tempo que acadamos que se desenvolvan con autonomía e poidan permanecer nos seus fogares”, sinalou López Racamonde.

Martes, 02 de abril de 2024
Maite Ferreiro presenta o concerto Mihlnovum Música Antiga

A actividade terá lugar no Vello Cárcere o vindeiro sábado, 6 de abril, a partir das 19:00.

Ferreiro presentou a actividade xunto coa soprano Alma Senlle e os instrumentistas Xosé María Grandío e Txuso Juaristi.

Páxinas