Actualidade

Ex., 20-04-2024
Ex., 20-04-2024
Venres, 12 de abril de 2024
A área de Participación mellora a xestión dos enterramentos no Cemiterio Municipal cun novo servizo de reserva de horas para as funerarias

A concelleira Cristina López presentou esta iniciativa ás principais funerarias da cidade.

López: "con este novo sistema melloraremos a xestión dos enterramentos e simplificaremos o traballo das funerarias, o que se convertirá nunha xestión máis rápida para a veciñanza".

Xoves, 11 de abril de 2024
A alcaldesa Paula Alvarellos mostra ao Grupo Municipal do PP as instalacións do novo auditorio, trala subsanación das máis de 200 deficiencias detectadas

A rexedora, acompañada de Pablo Permuy, acompañou aos edís do Partido Popular nunha visita ao inmoble, que abrirá proximamente, tras un investimento municipal de máis de 330.000 euros destinado a correxir defectos construtivos.

“Actualmente estanse a definir aspectos relacionados coa administración, programación e mantemento do complexo, como antesala á súa posta en funcionamento”, explicou.

Xoves, 11 de abril de 2024
Ana Abelleira refrenda o compromiso do Concello de Lugo coa cooperación internacional na asemblea xeral do Fondo Galego

A responsable de Cohesión Social e Territorial participou no encontro celebrado en Santiago no que se aprobaron os obxectivos e estratexias da entidade para o período 2024-2027.

Abelleira avanzou que “destinamos un investimento municipal de 40.000€ para axudas coas que contribuír a mellorar a calidade de vida nos países máis desfavorecidos do mundo”.

“A esta achega súmase outra de 10.000 euros para o desenvolvemento de campañas de sensibilización sobre a necesidade de corrixir as desigualdades de xeito global”, avanzou.

O traballo de cooperación internacional lévase a cabo a través da colaboración con colectivos especializados (ONGs) e co resto das administracións galegas membros do Fondo.

Xoves, 11 de abril de 2024
Recursos Internos lamenta a falta de colaboración amosada por parte da Xunta de persoal e do Comité de empresa e cualifica a súa conducta como “desleal”

“Por parte do Goberno local estánse a desenvolver os traballos conforme a folla de ruta pactada nas xuntanzas da Mesa Xeral de Negociación. Non se entende que agora se pretenda deixar de lado o acordado”, señalou Permuy.

“Respectamos a legitimidade dos traballadores e traballadoras a reivindicar os seus dereitos laborais pero consideramos que o camiño emprendido polas Organizacións Sindicais non é o maís axeitado para acadar avances nesta materia”, indicou o edil.

Mércores, 10 de abril de 2024
Cohesión Territorial inicia a campaña contra a proliferación da avespa velutina co reparto de 2.500 trampas e 8.000 dosis de líquido de reclamo

“Trátase dunha medida pensada para favorecer a erradicación desta praga, que está a prexudicar gravemente á autóctona e xera situacións de alarma entre a poboación pola súa rápida proliferación”, sinalou González Abelleira.

En 2023 logrouse eliminar máis de 6.000 raíñas desta especie invasora na contorna rural do municipio con este mesmo sistema implementado coa implicación da veciñanza.

“Ante a inacción da Xunta, a administración competente neste materia, é necesario que desde o Concello sigamos asumindo este labor”, explicou a edila. 

Martes, 09 de abril de 2024
Cristina López participa no peche dos obradoiros da zona rural organizado en Orbazai

A concelleira amosou o seu compromiso por "ampliar o alcance das asociacións con estes novos cursos que axudan a recuperar as actividades e os oficios da nosa cultura, e innovar noutros".

A área de Participación puxo a disposición das asociacións veciñais da zona rural unha serie de obradoiros de distintas temáticas.

Martes, 09 de abril de 2024
Medio centenar de cidadáns daneses visitan o edificio Impulso Verde

O inmoble cumpre, a través das visitas que recibe, coa súa importante función didáctica como expoñente internacional do modelo de cidade que lidera a alcaldesa Paula Alvarellos.

Páxinas