Navega pola Internet a través da wifi do Concello
O Concello de Lugo ofréceche conexión wifi gratuíta nos edificios e espazos municipais e nas súas áreas de influencia. Para dispoñer do servizo, tan só tés que rexistrarte introducindo no formulario de rexistro unha serie de datos identificativos.
Como usuario rexistrado, terás acceso gratuito á Internet, a través da conexión wifi dos edificios e instalacións municipais.
É moi sinxelo: cando te atopes nun espazo municipal ou nos seus arredores, so terás que activar a conexión wifi do teu ordenador portátil ou do teu dispositivo móvil, seleccionar a wifi municipal e introducir os teus datos identificativos. Feito isto, xa podes navegar libremente pola Internet.
@lugo.eu
Por estar empadroado no Concello, ademáis da conexión gratuita á Internet a través da wifi das instalacións municipais, disporás dunha conta de correo electrónico para todas as túas xestións co teu Concello.
Para acceder ao teu correo @lugo.eu, tan só tes que identificarte no Webmail do Concello