O Concello de Lugo celebra o Día Mundial da Calceta en Público cunha xuntanza na Praza da Soidade

Martes, 17 de junio de 2014
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concelleria de Benestar Social e Igualdade informa que mañá 18 de xuño co gallo da celebración do Dia Mundial da Calceta en Público, terá lugar unha actividade no que todas as persoas que o desexen poderán tecer xuntas na Praza da Soidade.

Para elo habilitaranse mesas e cadeiras na Praza para que as persoas interesadas poidan sentarse a facer calceta ou a aprender a facela. A actividade terá lugar entre as 11:00 e as 14:00 horas e entre as 17:00 e as 20:00 horas. O acto, organizado polo Concello de Lugo, está aberto á participación de toda a cidadanía.