As 28º Xornadas Penitenciarias Lucenses tratarán sobre Violencia de Xénero

Martes, 16 de septiembre de 2014
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde, José López Orozco, e Victor Fraga, director de Programas do Centro Penitenciario de Monterroso, acompañados pola Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, presentaron hoxe as 28º Xornadas Penitenciarias Lucenses, que organiza a Asociación Penitenciaria Concepción Arenal.

As Xornadas, nas que colabora o Concello, tratarán este ano o tema "Evolución da Lei Integral contra a Violencia de Xénero" e celebraranse os días 22 e 23 no salón de actos da Deputación provincial.

O día 22 haberá unha conferencia sobre o décimo aniversario da Lei de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero, a cargo de Maxistrada do Xulgado de Violencia de Xénero, Estela San José, e o día 23 terá lugar unha mesa redonda sobre o tema Perspectivas das profesionais que traballan con vítimas e agresores.