O Alcalde visita o obradoiro de emprego Vrbs Lvcvs que dá formación nas máis modernas técnicas de dixitalización a 24 mozos

Viernes, 17 de enero de 2014
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O plano máis antigüo dixitalizado ata o momento é da Praza Maior e a Casa Consistorial e está datado no ano 1759

Tamén están inventariados 1.680 expedentes de obras particulares do século XIX

Este obradoiro de emprego desenvólvese durante seis meses, ata finais do mes de abril, e supón a continuidade nos labores de dixitalización que xa se fixeron no obradoiro Muralla Dixital

O Alcalde, José López Orozco, acompañado polas Concelleiras de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, e de Educación, Formación e Orientación laboral, Esther Muñoz, visitaron hoxe ó obradoiro de emprego Vrbs Lvcvs, que se desenvolve en instalacións do CEI-Nodus.

O Alcalde destacou que “con este obradoiro de emprego colaboramos naquelo que máis necesita nestes momentos a sociedade que é a formación para atopar un emprego”.

López Orozco explicou que o obradoiro Vrbs Lvcvs conta coa participación de 24 alumnos traballadores que estaban en situación de desemprego e durante os seis meses nos que participan neste obradoiro perciben un salario.

Tamén destacou o Alcalde que os alumnos/traballadores aprenden, neste tempo, as últimas técnicas de dixitalización e tratamento de imaxes o que lles permite adquirir formación nun campo que ofrece futuro laboral e o Concello logra ter dixitalizada boa parte da súa documentación.

O obradoiro de emprego Vrbs Lvcvs dispón dun presuposto de 213.000 euros e foi  promovido polo Concello coa subvención da Consellería de Traballo e dá continuidade ós traballos de dixitalización realizados con anterioridade tamén polo Concello, a través do obradoiro Muralla Dixital, que financia a Unión Europea.

Este obradoiro comezou o 30 de outubro e rematará a finais de abril e nel impártense tres especialidades que teñen o obxectivo último de poñer en valor unha parte do rico patrimonio cultural do Concello de Lugo e garantir tanto a súa preservación como o feito de que resulte accesible tanto a investigadores como ós cidadáns que poidan necesitar da consulta dos datos e información que conservan os arquivos municipais.

O plano máis antigüo que xa foi dixitalizado é da Praza Maior e a Casa Consistorial e remóntase ó ano 1759.

Formación en tres especialidades

A especialidade de xestión de documentos ten como obxectivo xeral formar a profesionais nas novas técnicas e métodos de xestión de documentos nas organizacións consistentes na aplicación das novas tecnoloxías.

Actuación a desenvolver no marco do proxecto aprobado:

Realizouse a revisión e inventario do fondo de obras e urbanismo do século xix para seleccionar aquelas obras e proxectos que fosen importantes para explicar o desenvolvemento e a configuración da cidade, ben porque mostren un crecemento da mesma ou porque mostren a evolución de lugares emblemáticos da cidade (praza maior, santo domingo, rúa san marcos, etc.); ou ben porque fagan referencia a edificacións moi significativas (casa consistorial, praza de abastos; círculo das artes; seminario; etc.)

Traballos desenvoltos hasta a data:

-Revisión e inventario dos expedientes de obras particulares do fondo documental do Concello de Lugo do século XIX. É un fondo dunha gran riqueza patrimonial e valor histórico xa que nos axuda a comprender e a ilustrar o desenvolvemento urbano e arquitectónico da cidade.
Inventariaronse un total de 1680 expedientes.
   
-Catalogación da planimetría histórica contida neses expedentes.

-Descripción e inserción dos metadatos nos ficheiros dixitais co obxectivo de garantir a súa consulta por parte dos usuarios.

A especialidade de técnico en dixitalización de documentos ten como obxectivo principal coñecer as pautas que deben acometerse nun proxecto de dixitalización de documentos, así como as directrices que regulan a obtención, control, conservación e posta a disposición das imaxes dixitais xeradas a partir de documentos orixinais

Traballos desenvoltos hasta a data:

-Dixitalización da serie documental obras municipais dos séculos XVIII e XIX que fan referencia a edificacións de carácter público: Cuartel de San Fernando, Casa Consistorial, Praza de Abastos, Hospital de Santa María, etc.

Nestes momentos estanse a dixitalizar os expedentes de licenzas de obra maior do século XIX centrándose especialmente nas edificacións existentes no Casco histórico co obxectivo de completar o traballo desenvolvido no proxecto Muralla Dixital. O volume total de arquivos dixitais supera nestes momentos as 7.300 imaxes.

A realización deste traballo permitirá, por unha banda, mellorar o acceso e difusión a esta documentación para diversos fins como poden ser investigación, difusión cultural, procura de antecedentes para iniciar novos trámites administrativos, etc; e, por outra banda, contribuir á preservación e conservación desta documentación ó poder acceder a información en soporte dixital evitando o deterioro dos orixinais.

A especialidade de técnico en dixitalización 3D do patrimonio cultural ten como obxectivo xeral formar a profesionais nas novas técnicas de rexistro e dixitalización 3D do patrimonio cultural.

Actuacións a desenvolver:

-Dixitalización 3D de bens mobles do patrimonio histórico e arqueolóxico da cidade de Lugo: selección e dixitalización 3D de pezas arqueolóxicas depositadas na cidade de Lugo

-Dixitalización 3D de bens inmobles do patrimonio histórico e arqueolóxico da cidade de Lugo: dixitalización 3D de elementos conservados nos diferentes lugares visitables da cidade de Lugo.

O traballo a realizar permitirá conservar réplicas dixitais dos bens elixidos para a elaboración dun repositorio de modelos tridimensionais dos mesmos.

Traballos realizados hasta a data:

Esta especialidade formativa centrouse na dixitalización 3D de bens inmobles do patrimonio arquitectónico.

Procedeuse á restitución fotogramétrica dos seguintes bens:

•    Fonte de San Vicente da praza do Campo.
•    Estatua de Ánxel Fole da praza de Anxo Fernández Gómez.
•    Porta Miñá.
•    Porta de Santiago.

Multimedia