A Oficina de Recadación Municipal trasládase mañá á Ronda da Muralla

Miércoles, 28 de diciembre de 2011
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Economía informa a todos os contribuíntes de que os servizos de recadación executiva, xestión de multas de tráfico, catastro e inspección serán prestados, a partires do 29 de decembro de 2011, nas novas instalacións ubicadas na Ronda da Muralla número 7 (fronte a Mosquera da Muralla).

O horario de atención ó público é o seguinte:

Luns a Xoves de 8:30h a 18:00h.
Venres de 8:30h a 14:30h.

Teléfono: 982-25-52-81.

Multimedia