Comeza mañá o prazo para pagar o Imposto sobre Vehículos

Martes, 19 de abril de 2011
Fuente: 
Gabinete de Prensa

Mañá, día 20 de abril, abrirase o período de pago voluntario do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica, segundo informa a Concellería de Economía e Emprego.

O prazo estará aberto durante dous meses, ata o día 20 de xuño. A data de cargo na conta bancaria no caso de ter domiciliado este imposto será o día 6 de xuño, dado que o 5 é inhábil.

O total de recibos é de 66.858, dos que teñen que abonar o imposto 61.126 xa que os restantes 5.732 están exentos do pago de cuota. O número de recibos con cuota medrou lixeiramente, un 0,45%, respecto ó ano pasado.

O importe total dos recibos que se poñen ó cobro é de 5.712.029,10 euros, unha cifra moi semellante á de 2010, xa que representa unha diminución do 0,02%.