Viernes, 29 de octubre de 2010
Fuente:
Gabinete de Prensa
A Concellería de Protección da Comunidade pon en marcha un plan especial de tráfico para facer máis fluída a circulación con destino ó Cemiterio municipal, con motivo da ponte de Todos os Santos.
Desde primeira hora da tarde de hoxe e ata a última hora do luns día 1 de novembro, os accesos e o contorno do Cemiterio municipal disporán dunha nova ordenación do tráfico que estará controlado por axentes da Agrupación de Tráfico e Seguridade Vial coa colaboración de membros de Protección Civil.
Ademais, para os desprazamentos ó Camposanto, a Policía Local aconsella circular pola Ponte nova e o acceso ó Cemiterio desde a estrada de Friol co obxecto de desconxestionar a Ponte Vella.