ACORDO DO FORO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ EN MATERIA DE IGUALDADE DO CONCELLO DE LUGO

Miércoles, 16 de febrero de 2011
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O día 15 de febreiro de 2011 no Salón de Plenos do Concello de Lugo, a partir das 9:30 horas, reuniouse o Foro de Participación Cidadá en Materia de Igualdade en sesión extraordinaria coa asistencia de :

A Presidenta: Dª. María del Carmen Basadre Vázquez, a Vicepresidenta: Dª. Sonia Méndez García e as/os seguintes vogais: Dª. Sofía López Linares, en representación do Grupo municipal do PP, Dª. Paz Abraira Sobrado, en representación do Grupo municipal do BNG, D. Lino González Dopeso, en representación do Grupo municipal do PSOE, Dª. Mónica Álvarez San Primitivo, en representación das Asociacións de Persoas con Discapacidade, Dª Irene Jiménez Cortiñas, en representación da Asociación Integración Xitana, Dª. Dolores Maceda Fernández, en representación de CC.OO., Dª. Mercedes Mourenza Fernández, en representación da CIG e Dª. Belén Regueiro Burgo, técnica da Casa da Muller.

Para tratar como único punto da Orde do día o seguinte:

-Valoración da adopción por parte do Foro dun acordo para expresar o su rexeitamento polo asasinato en Sober de María del Pilar Palacios Caballero, que se atopa sen resolver, así como o tratamento que se está a realizar por parte dalgúns medios de comunicación.

O FORO ADOPTA O SEGUINTE ACORDO:

-REXEITAR O ASASINATO DE MARÍA DEL PILAR PALACIOS CABALLERO EN SOBER, E MANIFESTAR A SÚA PREOCUPACIÓN PORQUE QUEDARA IMPUNE.

-EXPRESAR A SÚA SOLIDARIEDADE Á FAMILIA DA VÍTIMA.

-DIRIXIRSE Á SOCIEDADE E AOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN PARA QUE ESTA MORTE SE TRATE AO MARXE DE ESTEREOTIPOS E PREXUÍZOS RELATIVOS Á ACTIVIDADE DA VÍTIMA E QUE SE VISIBILICE A MARÍA DEL PILAR PALACIOS CABALLERO, ÚNICAMENTE COMO MULLER VÍTIMA DA VIOLENCIA MACHISTA E QUE SE RESPECTE Á FAMILIA DA FALECIDA E QUE NON SE OFREZA UNHA IMAXE SENSACIONALISTA DOS FEITOS.

-DIRIXIRSE Á XUSTIZA PARA QUE EN TODOS OS CASOS DE ASASINATOS MACHISTAS, EN ESPECIAL, NAQUELES NOS QUE ÁS VÍTIMAS PERTENCEN A COLECTIVOS SOCIAIS MÁIS VULNERABLES, SE CUIDEN TODOS OS MECANISMOS NA INVESTIGACIÓN E NA INSTRUCCIÓN, ASÍ COMO A FORMACIÓN DAS/DOS MEMBROS DO XURADO, A FIN DE QUE SE GARANTA A XUSTIZA E QUE ESTES GRAVÍSIMOS DELITOS NON QUEDEN IMPUNES.

Lugo, 15 de febreiro de 2011.