Unha conferencia de Rosa Peris clausura o programa elaborado polo Concello en homenaxe ás mulleres

Martes, 13 de noviembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, pecha mañá, martes, o programa de actos organizado con motivo da conmemoración do Día Internacional das Mulleres, que se celebrou dende o día 8.

Foron catro días de actividades, entre as que figuraron a entrega de premios Entre Mulleres, a ofrenda a Concepción Arenal ou o concerto de Pasión Vega, aos que se sumaron a Marcha pola Igualdade e o Itinerario cultural esta fin de semana, entre outros.

A Directora do Instituto da Muller, Rosa Peris, estará en Lugo mañá, martes, con motivo da clausura do programa de homenaxe ás mulleres. Ofrecerá pola tarde, ás oito, unha concerencia no salón de actos do Instituto Lucus Augusti. Leva por título A Lei de Igualdade. Pola mañá, sobre as doce e media, celebrará un almorzo coa prensa e así poder debater cuestións de actualidade.

Paralelamente, estes días convocarase un premio periodístico a nivel nacional que leva por título Muralla Aberta. Haberá dous premiados, por unha banda un artigo e pola outra unha fotografía, con 1.500 euros de remuneración para o gañador de cada categoría.

ENQUISA

Por outra banda, o 70 por cento dos participantes na enquisa da páxina web municipal, www.lugo.es, responsabilizan ás mulleres da maior parte ou da totalidade do traballo doméstico que se realiza nos fogores da cidade.

Nesta enquisa, que estivo activa entre 28 de febreiro e esta mañá, votaron un total de 347 persoas. A maioría, o 50,72%, afirma que a maior parte do traballo doméstico recae sobre a muller. Ademais, o 19,59% (68 votos) afirman que só se encargan as mulleres. Por outra banda, o 13,83% afirma que as labouras domésticas repártense por igual entre os membros dos dous sexos e o 5,47% opta por persoal contratado. Finalmente o 5,18% di que son só os homes os que fan este labor e a mesma porcentaxe a que dí que máis os homes que as mulleres.