A Policía Local, Autonómica e Nacional e a Garda Civil garantirán a seguridade na cidade ó longo das festas de San Froilán

Lunes, 12 de noviembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Subdelegado do Goberno, Jesús Otero, copresidiron a sesión extraordinaria da Xunta Local de Seguridade na que se estableceu o Plan Operativo para as Festas de San Froilán 2007.

Nesta xuntanza estiveron presentes tamén o Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade e representantes da Consellería de Presidencia, da Garda Civil, Policía Nacional, Autonómica e Local e Protección Civil.

López Orozco destacou que como en anos anteriores na xuntanza acordaron a coordenación dos corpos de Seguridade presentes, “para garantir a seguridade e a mobilidade ó longo de todas as festas”. Jesús Otero dixo que ó longo destas festas haberá arredor de 400 axentes polas rúas da cidade.

Tanto o Alcalde como o Subdelegado destacaron a profesionalidade das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Pediron, iso si, a colaboración da cidadanía para evitar problemas de tráfico a causa das pontes largas que teñen lugar por estas datas e que este ano se acrecentan debido a que os festivos coinciden en venres.

Esta xuntanza ten lugar todos os anos por estas datas e supón un mero trámite para organizar o traballo da Policía, da Garda Civil e de Protección Civil nos nove días que dura o San Froilán nos que, por outra banda, se xunta un número moi elevado de visitantes na cidade.