Subvencións para entidades deportivas sen ánimo de lucro para a promoción e o fomento do deporte e actividade física no Concello de Lugo

Código: 
803
Presentación: 
Presencial
Descarga
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DENDE O 20 DE XULLO AO 9 DE AGOSTO ÁMBOLOS DOUS INCLUSIVE.
 
Á solicitude xuntarase a seguinte documentación, que se presentará de acordo cos modelos dos ANEXOS:
 
DOCUMENTACIÓN XERAL:
  •  Solicitude, segundo o modelo do ANEXO I, no que se inclúa o compromiso de destinar a subvención que se conceda á execución do proxecto ou solicitada, e a autorización ao Concello para comprobar as diferentes administracións datos tributarios e outras informacións declaradas.
  •  Fotocopia do NIF/CIF da Entidade.
  •  Fotocopia do NIF da persoa que actúa como representante, así como documento acreditativo e actualizado da representación na entidade ou asociación solicitante.
  •  Declaración responsable, segundo modelo que figura no ANEXO IV destas bases, acreditativa:
  1. Das subvencións ou axudas solicitadas ou percibidas pola Entidade solicitante por parte doutras Administracións ou Entidades, públicas ou privadas, nacionais ou estranxeiras, para o financiamento da actividade para a que se solicita a subvención.
  2. De que a actividade, proxecto, obxectivo ou programa para o que se solicita a subvención se vai efectuar nos termos establecidos no proxecto da actividade ou programa que se presenta.
  3. De que a entidade está ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias fronte á Axencia Estatal da Administración Tributaria, á Tesourería Territorial da Seguridade Social e ao Concello de Lugo, respectivamente.
  4. De que a entidade non se encontra inhabilitada nen está incursa en ningunha das causas de prohibición sinaladas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións para obter a condición de beneficiaria da subvención.
  5. De que o persoal que desenvolve as súas funcións nesta entidade non ten relación laboral ningunha co Concello de Lugo.
  6. De que a entidade lle ten comunicado ao Servizo de Participación Cidadá o orzamento, programa de actividades e número de socios correspondentes ao ano 2021.
  •  O cumprimento das obrigacións tributarias e coa Seguridade Social acreditarase mediante a presentación das correspondentes certificacións. A presentación de declaración responsable substituirá á presentación das correspondentes certificacións no caso de que a contía solicitada Entidade beneficiaria non supere na convocatoria o importe de 3.000 euros. A sinatura da solicitude comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións de non débedas tributarias co Concello de Lugo.
  •  Certificación bancaria na que figure o número de conta da entidade solicitante.
  •  Certificado oficial da federación no que deben figurar os seguintes datos:
  1. Número de licenzas ou deportistas federadas/os.
  2. Categoría na que militan os diferentes equipos.
  3. Indicación de equipos femininos e masculinos.
  4. Indicación, de ser o caso, de licencias de persoas discapacitadas. (todos os datos deportivos serán referidos á tempada 2021 ou 2020/2021, segundo corresponda).

+ info

Solicitude 803 - Subvencións para entidades deportivas sen ánimo de lucro