Solicitude de axuda ao alugamento de vivenda

Código: 
282
Presentación: 
Presencial
Online
Descarga

Prazo de presentación: do 13 de Novembro de 2020  ata o 3 de Decembro de 2020  ámbolos dous inclusive

Documentación:

XUSTIFICANTES DOCUMENTAIS PARA PRESENTAR COA SOLICITUDE:

a) Xustificantes de datos persoais:

  • Fotocopia do DNI ou do pasaporte e permiso de residencia no caso de ser estranxeira, da persoa solicitante e dos membros da unidade de convivencia maiores de 16 anos.
  • Fotocopia do/dos libro/s de familia, certificado de parella de feito ou partida de nacemento, segundo o caso.

b) Xustificantes de ingresos dos membros da unidade de convivencia:

A acreditación dos ingresos da unidade de convivencia realizarase mediante a achega da seguinte documentación:        

  • Certificación de vida laboral expedida pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social de todos os membros da unidade de convivencia maiores de 16 anos.

Aquelas persoas que formando parte da unidade de convivencia, non estean obrigadas a presentar a declaración de IRPF e perciban rendas salariais, acreditarán os seus ingresos mediante a seguinte documentación:

Traballadores/as por conta propia:

  • Xustificante das declaracións a conta do IRPF correspondente aos dous primeiros trimestres do 2020.

No caso de cese de actividade, certificado expedido pola Axencia Estatal da Administración Tributaria na que se inclúa a data de inicio do cese da actividade.

Traballadores/as por conta allea:

  • Copia das nóminas dos ingresos brutos percibidos nos seis primeiros meses do ano 2020, incluidas pagas extras e liquidacións por fin de contrato, se procede.
  • De ser o caso, certificado de empresa na que se acredite que as peroas solicitantes foron incluídas nun ERTE como consecuencia do impacto do COVID-19, no que figure a data de inicio da citada situación.

Desempregados/as:

  • Certificación do Servicio Público de Empleo Estatal das prestacións percibidas durante os seis primeiros meses do ano 2020 ou certificación deste de non percepción de prestacións de todos os membros da unidade familiar maiores de 16 anos.
  • Se non son beneficiarios/as de prestación por desemprego: certificado da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia das prestacións recibidas durante o último exercicio económico vencido con anterioridade á data da convocatoria ou certificación deste de non percepción de prestacións de todos os membros da unidade familiar maiores de 16 anos.

Beneficiarios do Salario Mínimo Vital:

  • Copia da Resolución do INSS da concesión ou no seu defecto copia da solicitude.

Persoas que estean a cotizar ao Réxime Especial de Empregados de Fogar:

  • Xustificante dos ingresos recibidos nos primeiros seis meses do ano 2020 e copia dos recibos nos que se indiquen as bases de cotización do mesmo período.

Pensionistas:

  • Certificación acreditativa das cantidades percibidas durante os primeiros seis meses do ano 2020. No caso de non percibir pensión e ser maior de 65 anos, certificación negativa de non percepción de pensión expedida pola Seguridade Social e certificación da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia das prestacións recibidas durante os primeiros seis meses do ano.

En caso de separación ou divorcio:

  • Extracto da conta bancaria no que consten os ingresos percibidos ou aboados, nos seis primeiros meses do ano 2020, en concepto de pensión alimenticia e/ou compensatoria, e de ser o caso, denuncia xudicial por falta de pagamento actualizada. No suposto de aboamento de pensión compensatoria ou alimenticia, poderase acreditar tamén mediante descontos en nómina.

As persoas non incluídas nalgún dos parágrafos anteriores deberán achegar a documentación que acredite os ingresos percibidos durante o último exercicio económico vencido con anterioridade á data da convocatoria.

Aqueloutros que EVISLUSA considere convenientes para a valoración económica do expediente.

c) Xustificantes de arrendamento en vigor:

  • Fotocopia do contrato de alugamento vixente na data de presentación da solicitude, con mención expresa da referencia catastral da vivenda obxecto do contrato, ou no seu defecto, certificación catastral da vivenda obxeto de aluguer, podendo ser obtida de oficio por EVISLUSA previa autorización da persoa solicitante.

 Para os contratos posteriores ao 1 de xuño de 2013, debe estar indicada a posesión do Certificado de Eficiencia Enerxética ou no seu defecto, declaración responsable do propietario da vivenda de que está en posesión do dito certificado.

  • Fotocopia dos 2 últimos xustificantes de pago de alugamento. No caso de vir incluídos no importe do alugamento todos ou algúns dos gastos a que se refire a base quinta, parágrafo 2 desta convocatoria, o cálculo da renda calcularase segundo o estipulado na base quinta.

d) Xustificantes de estar ao corrente nas súas obrigas tributarias:

  • Certificación da Tesourería Xeral da Seguridade Social e da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, de todos os membros da unidade de convivencia maiores de 16 anos.

e) Xustificantes de antigos/as residentes que desexen regresar a Lugo:

  • Certificación ou xustificante que acredite o abandono do municipio (Padrón histórico do Concello de Lugo e copia dos contratos laborais ou certificado de empresa ou xustificante de estudos do período no que non estaba empadroado/a no Concello de Lugo).

f) Xustificantes de separación ou divorcio:

  • Fotocopia da sentenza xudicial de separación ou de divorcio e convenio regulador, ou medidas paterno-filiais, segundo o caso, na que conste o importe de pensión alimenticia e/ou compensatoria así como o uso da vivenda conxugal.
  • No suposto de que un proxenitor teña a garda e custodia exclusiva ou total das fillas e fillos e non perciba a pensión alimenticia establecida xudicialmente, deberá presentar a sentenza condenatoria por impago de alimentos, ou no defecto, acreditar  esta circunstancia mediante certificado da/do letrada/o da Administración de xustiza, dilixencia, providencia ou documento análogo do xulgado que acredite que o procedemento de reclamación alimenticia está en curso. Este documento deberá ter data de expedición dentro dos tres meses anteriores a data de presentación de solicitudes.

g) Xustificantes de familia monoparental:

  • Declaración responsable de non constituír unión estable de parella ou manter unha relación análoga á consugal, así como de non ter contraído matrimonio con outra persoa.

h) Xustificantes de membros da unidade de convivencia con discapacidade:

  • Certificado de discapacidade.

i) Xustificantes de membros da unidade de convivencia en que exista algunha vítima de violencia de xénero:

  • Certificación da orde de protección ou medida cautelar, testemuño ou copia autenticada da/do letrada/o da Administración de Xustiza da propia orde de protección ou media cautelar.
  • Resolución xudicial que declare a existencia de violencia de xénero.
  • Certificación e/ou informe dos servizos socias da Administración pública ou local.

j) Xustificantes para presentar polaspersoas sen vínculos familiares que conxuntamente habitan unha vivenda de forma habitual, permanente e estable:

  • Declaración responsable da persoa arrendataria da vivenda acreditativa de que non se trata dun subarrendo.

k) Declaración responsable da unidade de convivencia na que faga constar que non se encontra inhabilitada nin está incursa ou afectada por ningunha das prohibicións para obter subvencións públicas, previstas no artigo 10 da Lei 7/2003, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia nin o artigo 13 da Lei 38/2003, xeral de subvencións.

l) Declaración responsable de todos os membros da unidade de convivencia maiores de 16 anos na que faga constar que:

  • Non foi obxecto de desafiuzamento, lanzamento ou denegación de renovación de contrato de alugamento dunha vivenda de titularidade pública nos últimos cinco anos.
  • Ningún membro da unidade de convivencia ten coa persoa arrendadora relación de parentesco ata o terceiro grao de consanguinidade ou afinidade inclusive.
  • Ningún membro da unidade de convivencia dispón de vivenda en propiedade no municipio de Lugo ou de dereito real de uso e desfrute sobre outra vivenda na provincia de Lugo.
  • Ningún membro da unidade de convivencia estea a recibir axudas ou subvención coa mesma finalidade que a destas bases.

+ info

Solicitude 282 - Solicitude de axuda ao alugamento de vivenda