Segundo Plan Municipal de Axudas Directas para a Reactivación Económica

Código: 
2º Plan - Reactivación Económica
Presentación: 
Online

Nota aclaratoria "Bases Axudas 2º Plan de Reactivación Económica"

1º) BASE 5: Requisitos para ser persoa ou empresa beneficiaria

As Comunidades de Bens ou Sociedades Civís sen personalidade xurídica propia, que leven a cabo as actividades empresariais que motivan a concesión da subvención, poderán solicitar estas axudas, ou ben como entidade (C.B./S.C.), ou ben a título individual, os diferentes autónomos que a constitúen, debéndose optar, polo tanto, entre ambas alternativas. Todas as demais formas xurídicas, entre elas Sociedades Limitadas, S.L.L., Cooperativas, etc., deberán solicitar as axudas como persoas xurídicas, non sendo posible a súa solicitude polo autónomo/s societario/s integrante/s das mesmas.

2º) BASE 4: Liñas das axudas (Non acumulativas)

As presentes liñas de axudas están dirixidas a obtención dunha subvención única e exclusivamente por beneficiario, polo que só poderá solicitarse una liña de axudas por beneficiario (Liña A ou Liña B), e independentemente do número de actividades económicas a desenvolver coincidentes coas recollidas no ANEXO II (Listado de CNAE subvencionables). O anterior significa que as diferentes liñas de axudas no son acumulativas en canto as contías, nin tampouco o son, así mesmo, dentro de cada liña polas diferentes actividades económicas a desenvolver.

******

O executivo de Lara Méndez lanza o segundo plan de axudas directas municipais para a reactivación económica de Lugo para axudar aos sectores máis afectados polas restricións sanitarias da pandemia. O mesmo dá continuidade ao Reanima, dotado de cinco millóns de euros, que beneficiou a máis de 3.300 empresarios e autónomos da cidade.

As axudas van dirixidas a autónomos, microempresas ou pemes con domicilio fiscal no Concello de Lugo, e que figuren na Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE) que establecen as bases da programación:

Este segundo plan mobilizará 1.060.000 euros, o que supón o 1% do Orzamento Municipal para este 2021.

Establécense dúas liñas de axudas:

  • Liña A.- Axudas a empresas que realicen actividades económicas obrigadas ao peche temporal total, que recibirán unha axuda de 2.000 euros por beneficiario se ten 5 ou máis traballadores, e 1.500 euros se ten menos de cinco.

Nesta categoría entran hoteis e aloxamentos similares (turísticos e outros de curta estancia, cámpings, etc.); establecementos de hostalería e restauración; empresas vinculadas coas artes escénicas e as súas auxiliares, as dedicadas á creación artística e literaria,  xestión de salas de espectáculos, de actividades de museos e bibliotecas ou instalacións deportivas e ximnasios, entre outras.

  • Liña B.- Axudas a empresas que realicen actividades económicas obrigadas ao peche temporal parcial. A contía desta liña, na que se inclúen todo tipo de comercios e de axencias de viaxes, principalmente, é de 1.000 € por beneficiario.

As axudas entregaranse por rigorosa orde de entrada (data, hora, minuto e segundo) no rexistro electrónico do Concello, e tras a comprobación da concorrencia na persoa ou entidade solicitante dos requisitos sinalados, até o esgotamento do crédito.

Prazo de presentación de solicitudes:

A PARTIR DO MARTES, 20 DE ABRIL, dende as 09:00 horas. A presentación da solicitude con antelación ao día e hora sinalados anteriormente non será tida en conta.

Como presento a solicitude?

Obrigatoriamente por medios electrónicos e única e exclusivamente a través da Sede Electrónica do Concello de Lugo (https://lugo.gal).

Na sede atópase dispoñible o formulario. Deberán cubrirse todos os campos establecidos como obrigatorios. De non ser así, a aplicación non procederá a tramitar e formalizar a solicitude.

Pasos a seguir:

  • Accede ao formulario: https://www.lugo.gal/portal/tramites
  • No apartado Servizos da Sede, escoller a opción Catálogo de Procedementos e, despois, escoller o Procedemento (A008 – Solicitude de axuda).
  • Comprobar a Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE).
  • Cubrir o formulario. Para unha maior simplificación, o Concello só solicitará que se anexe obrigatoriamente a certificación bancaria da titularidade da conta designada polo solicitante para o posterior pagamento da subvención. Se non se achega, a aplicación informática non procederá a tramitar e formalizar a solicitude.

Unha vez esgotado o crédito dispoñible, publicarase no taboleiro electrónico do Concello de Lugo unha nota informando desta situación, aos efectos de que non se presenten máis solicitudes.

O abono destas subvencións realizarase nun pago único pola totalidade do importe concedido, mediante transferencia bancaria, a partir da data da resolución de concesión.

Consulta a seguinte documentación: