Prórroga dos prazos de inicio e finalización determinados nas licenzas ou comunicacións previas

Código: 
263
Presentación: 
Presencial
Descarga

Que documentación hai que presentar?

1.-     DOCUMENTACIÓN XENÉRICA QUE TERÁ QUE SER PRESENTADA:

  • Tanto na presentación física como na telemática a instancia Modelo 263, que corresponde co procedemento Y007.
  • Xustificante de pagamento dos tributos municipais. Para realizar a correspondente autoliquidación dos tributos deberá poñerse en contacto co Servizo de Facenda Local do Concello, presencialmente ou a través do correo electrónico tasasobras@lugo.gal.
  • No caso de actuar en representación, presentarase a acreditación da mesma.

2.-     DOCUMENTACIÓN ADICIONAL PARA AS SOLICITUDES DE PRÓRROGA DE TERMINACIÓN DAS OBRAS:

  • Fotografías que permitan identificar o estado actual do inmoble relativo ás obras que se pretenden prorrogar.
  • Descrición das obras realizadas e as que faltan por realizar, con indicación neste caso das unidades de obra con medicións e orzamento da parte pendente de realizar.

Como cubrir a instancia/procedemento?

  1. Deberanse cubrir todos os campos da instancia e aportar a documentación que se requira segundo o caso.
  2. A falta de datos na instancia ou da preceptiva documentación, suporá o desestimento da solicitude se non subsana a falla.
  3. A solicitude poderá formularse sempre que o título de habilitación urbanística sexa conforme coa ordenación urbanística vixente no momento da concesión da prórroga.
  4. A prórroga do prazo deberá ser solicitada antes da terminación do prazo que se pretende prorrogar.
  5. Nas licenzas a prórroga do prazo non poderá ser superior ao iniciamente acordado e nas comunicacións non poderá superar a metade do prazo establecido.
  6. No suposto de edificacións iniciadas, a concesión da prórroga estará condicionada a que a edificación sexa rematada exteriormente.
  7. Para solicitar prórroga do prazo de terminación a obra deberá estar iniciada.
  8. A concesión da prórroga do prazo de inicio, non prorroga o prazo de terminación.
  9. O incumprimento dos prazos implica a declaración da caducidade do título de habilitación urbanística, previa audiencia ó/á interesado/a. a resolución será motivada e notificarase nos termos previstos na lexislación do procedemento administrativo.
 

Directorio