Posto de venda no mercado de FRIGSA

Código: 
551
Presentación: 
Presencial
Descarga

Documentación que deberá achegar

Documentación xenérica

  • Formulario de solicitude debidamente cumprimentado
  • Fotocopia do documento de identidade ou pasaporte no seu caso
  • 2 fotografías claramente identificativas e actualizadas
  • Xustificación de estar dado de alta como autónomo/a na Seguridade Social
  • Alta e xustificación de estar ao corrente no pagamento do IAE (Imposto de Actividades Económicas)
  • Compromiso de que a persoa que exerce a venda é o titular e responsable da autorización
  • No caso de venda de produtos alimentarios, estar en posesión do carné de manipulador/a de alimentos

Documentación a maiores para persoas estranxeiras

  • Fotocopia dos permisos de residencia e de traballo por un tempo de duración mínimo ao da autorización solicitada; ou xustificar se se trata de nacionais da UE (cando o tempo da actividade comercial sexa inferior a 90 días só se acreditará que a súa estancia en España é legal)

+ info

Solicitude 551 - Posto de venda no mercado de FRIGSA