Código:
267
Presentación:
Presencial
Descarga
- Ámbito
- Destinatario
A realización de gabias para acometida ou reparación de servizos no espacio ou vía pública requerirá previa autorización municipal, salvo que, pola entidade da obra, se necesite a redacción e aprobación dun proxecto de urbanización ou de obras ordinarias.
EN TODO CASO PRESENTARASE A SEGUINTE DOCUMENTACIÓN
- Instancia normalizada de solicitude de licencia. Modelo 253
- Identificación dos interesados mediante Documento Nacional de Identidade ou documento identificativo equivalente.
- Autoliquidación das taxas e impostos relativas ó orzamento das obras a realizar.
- Acreditación, se é o caso, da representación cando se actúe en nome doutra persoa física ou xurídica.
- Memoria e esbozo acoutado das obras, así como calquera outra documentación que estimen necesaria os servizos técnicos municipais e permita definir a actuación a realizar.
- Plano de situación da obra referido á cartografía do planeamento municipal. Poderá ser facilitado pola Oficina de Topografía do Servizo Municipal de Enxeñería.
- Orzamento da actuación.
- Con carácter previo a súa autorización, presentarase garantía, polo importe das obras de mantemento e reposición dos servizos, na cuantía sinalada polos Servizos técnicos de Enxeñería.
- Fotografías orixinais en cor da zona de actuación, sinalando o trazado da intervención
XUNTO A DOCUMENTACIÓN XERAL, SE FOSE PRECISO, PRESENTARASE A SEGUINTE DOCUMENTACIÓN:
- Cando a intervención requira autorizacións ou informes sectoriais, estos deberán ser incorporados coa solicitude, manifestando que dispón de todos eles.
- Se fose necesario, presentarase estudio de seguridade e saúde fronte a terceiros e sinalización vial.
- Cando a intervención se realice en zona de protección arqueolóxica e esta supoña unha remoción de terras que poidan alterar o subsolo ou sustrato arqueolóxico, o solicitante terase que pór en contacto cos servizos municipais de arqueoloxía, que decidirán sobre a conveniencia ou non, da realización dalgún tipo de intervención arqueolóxica e a natureza da mesma.