Licenza de primeira ocupación

Código: 
251
Presentación: 
Presencial
Descarga

Está suxeita a licenza municipal a primeira ocupación dos edificios. Para outorgar a licenza, logo da visita de comprobación dos servicios técnicos municipais, esixirase certificado final de obra de técnico competente no que conste que as obras están completamente rematadas e se axustan á licenza outorgada.

As licenzas de primeira ocupación se referirán a edificios amparados en licenza de obras que requirisen proxecto técnico, deberán ir acompañadas dun certificado acreditativo da efectiva e completa finalización das obras,  previa á visita de comprobación dos servizos técnicos municipais, suscritos por técnico competente e visado polo colexio profesional cando así o exixa a normativa vixente, así como unha declaración do técnico sobre a conformidade das obras executadas co proxecto autorizado pola licenza de obras correspondente.

Sobre as licenzas de primeira ocupación parcial

O concello poderá outorgar licenzas de obras parciais que autoricen a realización de fases concretas dun proxecto básico de edificación. Para o inicio das obras será necesaria a presentación do proxecto de execución referido á fase de que se trate.        

Poderanse outorgar licenza de primeira ocupación parcial por edificios ou portais completos, cando a parte de obra obxeto de licenza cumpra os seguintes requisitos:

  • Que o estado de execución das obras autorizadas permita a súa utilización e ocupación con independencia da parte do edificio ou a construción inacabada.
  • Que a parte para cuxa ocupación ou utilización se solicite licenza, fose executada íntegramente de conformidade co proxecto autorizado e, se procede, coas súas modificacións e coas condicións da licenza urbanística outorgada.
  • Que a súa utilización e ocupación e o remate das obras non se interfiran mutuamente de forma grave.
  • Outras que establezan as ordenanzas municipais da edificación, se procede.

Nos supostos indicados anteriormente, o concello poderá esixir mediante acordo motivado que o solicitante constitúa garantía para asegurar a correcta execución das obras restantes

Cando se debe solicitar?

A licenza de primeira ocupación referirase a edificios amparados en licenza de obras que requirisen proxecto, sendo  previo o uso ou utilización das edificacións de nova planta, rehabilitacións, reconstrucións e ampliacións das edificacións existentes, así como, nos cambios ó uso a vivenda.

Quen pode solicitar?

A persoa interesada lexitimada para tal fin.

Qué documentación hai que presentar?

  • Identificación dos interesados mediante Documento Nacional de Identidade ou documento identificativo equivalente.
  • Certificado final de obra orixinal asinado por técnico competente e visado polo colexio profesional correspondente, cando así o esixa a normativa vixente, así como unha declaración do técnico sobre a conformidade das obras executadas co proxecto autorizado pola licenza de obras correspondente.   Presuposto final de obra.
  • Xuntarase igualmente á solicitude documentación xustificativa da posta en funcionamento das instalacións executadas no inmoble de conformidade coa súa normativa reguladora, e, se é o caso, certificación emitida polas empresas subministradoras dos servizos públicos, da axeitada execución das acometidas das redes de subministración.
  • Fotocopia ou identificación da licenza ou licenzas municipais, que se outorgaron para a execución das obras.
  • No caso de variacións non sustanciais na obra executada,  deberase presentar unha memoria e planos da situación final da obra, no que queden perfectamente recollidas descritas e identificadas, as variacións introducidas.
  • Reportaxe fotográfico do edificado xa rematado, incluíndo todas as fachadas e medianeiras.                         
  • Certificado de illamento acústico (se procede).
  • Certificado ou boletín, de infraestructuras comúns de   telecomunicacións, (segundo proceda).
  • Certificado de fin de obra como garantía de que a instalación se axusta ao proxecto técnico da infraestrutura de soporte do fogar dixital, cando sexa preceptivo.
  • Autoliquidación das taxas correspondentes.
  • Certificado de eficiencia enerxética de edificios, conforme ó establecido no Decreto 42/2009, de 21 de xaneiro, polo que se regula a certificación enerxética de edificios de nova construción na Comunidade Autónoma de Galicia (art. 3, 8 e 17 a 20) (se procede).
  • Acreditación de que o edificado se deu de alta, ós efectos do imposto de bens inmobles.
  • De conformidade co establecido no  artigo 35 da Ordenanza municipal sobre a conservación, rehabilitación e estado ruinoso das edificacións, terá que achegar a FICHA TÉCNICA DA  EDIFICACIÓN, cuberta na  parte que lle corresponda, impresa e en formato dixital.

Onde se presenta?

No Rexistro Xeral

Centro de Servizos municipais Ronda Muralla, 197

Horario: luns a venres, de 9:00 a 14:00.

Cando se presenta?

Terminadas as obras e sempre, que conste certificado acreditativo da súa efectiva e completa finalización, asinado por técnico competente e visado polo colexio correspondente.

Cal é o prazo para resolver?

Tres meses, contados dende a presentación da solicitude coa documentación completa. Transcorrido este prazo se non se comunica ningún acto, entenderase outorgada por silencio administrativo. En ningún caso se entenderán adquiridas por silencio administrativo as licencias de primeira utilización executadas sen axustarse a licenza ou licenzas outorgadas, o que implica infracción urbanística, dando lugar o procedemento restaurador da legalidade.

Canto custa?

  • Taxa segundo Ordenanza fiscal nº 103, reguladora da taxa pola prestación de servizos urbanísticos. A taxa debe pagarse mediante o Modelo de Autoliquidación 103 previamente á presentación da solicitude e acompañar a esta o xustificante de pagamento.
  • Imposto segundo Ordenanza fiscal nº 202, reguladora do imposto sobre construcións, instalacións e obras. O imposto aboarase unha vez concedida a licenza, no momento en que proceda a retirar o título dela.

Onde se tramita?

Servizo de Licenzas – Concello de Lugo.

Directorio