Aliñacións e rasantes

Código: 
265
Presentación: 
Presencial
Descarga

A aliñación e rasante oficial poderá solicitarse para os efectos de deslinde, parcelación, reparcelación ou edificación, e terá por obxecto que o Concello, a través dos seus servizos técnicos, sinalen as aliñacións e rasantes oficiais das parcelas.

A solicitude deberá ir acompañada dun plano de situación e un plano do solar a escala mínima de 1:500 con todas as cotas necesarias para determinar a súa forma, superficie e situación respecto ás vías públicas e fincas colindantes, acotando os anchos actuais da rúa e as rasantes, debéndose reflexar tamén cantos antecedentes e servizos concurran na parcela, así como as servidumes urbanísticas con que conta.

En solo de núcleo rural, cando existan cerramentos tradicionais, será obrigatoria a solicitude de aliñacións. O Concello, en cumprimento do artigo 26.e) da Lei 2/16 do solo de Galicia e artigo 28.2 do Plan xeral de ordenación municipal,  poderá modificar a aliñación definida nos planos para conservar os muros tradicionais, podendo autorizar o seu derrubamento cando este debidamente xustificado.

Quen o pode solicitar?

A persoa interesada lexitimada.

Que documentación hai que presentar?

  • Solicitude xeral.
  • Plano de situación da cartografía municipal no que se sinale a parcela.
  • Dúas copias do plano do terreo, a escala 1:500.
  • Xustificante de pagamento da taxa por expedición de documentos administrativos.
  • No caso de actuar en representación, achegará acreditación da mesma.

Onde se presenta?

No Rexistro Xeral
Centro de Servizos Municipais
Ronda da Muralla, 197
Horario: luns a venres, de 9:00 a 14:00.

Cando se presenta?

En calquera momento que o requira o interesado e  sempre que no núcleo rural existan cerramentos tradicionais.

Cal é o prazo para resolver?

Tres meses, contados dende a presentación da solicitude coa documentación completa.

Canto custa?

Taxa segundo Ordenanza fiscal nº 103, reguladora da taxa pola prestación de servizos urbanísticos. A taxa debe pagarse previamente á presentación da solicitude e acompañar a esta o xustificante de pagamento.

Onde se tramita?

Servizo de Licenzas – Concello de Lugo.

Directorio