Formalización do contrato de subministración de auga, sumidoiros e lixo

Código: 
605
Presentación: 
Presencial
Descarga

DOCUMENTACIÓN QUE DEBERÁ DE ACHEGAR

  • Fotopia do DOCUMENTO DE IDENTIDADE da persoa solicitante e, se é o caso, DOCUMENTO DE IDENTIDADE da persoa autorizada
  • Fotocopia da escritura de propiedade ou documento que a xustifique
  • Autorización asinada pola persoa propietaria (naqueles casos nos que a persoa propietaria non poida presentarse para asinar o contrato de subministración de auga) e, de ser o caso, documento que acredite a representación
  • Fotocopia da licenza de apertura ou de selo caso, comunicación previa e declaración responsable de apertura presentada en rexistro
  • Fotocopia do contrato de alugamento
  • Certificación bancaria do nº IBAN e titular ou copia da cartilla do banco co nº IBAN

Para primeiras altas, ademais deberá achegar

  • Tarxeta de datos do contador
  • Fotocopia da licenza de primeira utilización, No caso de non ter licencia de primeira ocupación, cédula de habitabilidade, ou documentación que as substitúa, será preciso presentar:Certificado expedido polo Concello, sobre a caducidade da acción para restablecer á legalidade urbanística alterada e sobre a prescrición da acción para sancionar relativa á dita edificación
  • Para altas de obras ou altas de vivendas unifamiliares, é imprescindible ter ingresado as taxas de acometida agua/saneamento/incendio
  • Para altas de comunidades de propietarias/os, fotocopia da acta de constitución da comunidade
  • Para altas de garaxes privados, fotocopia da licenza de entrada de carruaxes (vao)
  • Para altas de vivendas sociais, fotocopia da folla de adxudicación da vivenda

DEBERÁ ABOAR OS DEREITOS DE ALTA CORRESPONDENTES  E ATRASOS SE OS HOUBESE (se houbo consumo de auga con anterioridade á formalización do preceptivo contrato de subministración).

AUTORIZACIÓN:(para aqueles casos nos que a persoa propietaria non poida presentarse para asinar o contrato de subministración de auga).