Exención do imposto sobre vehículos de tracción mecánica

Código: 
306
Presentación: 
Presencial
Descarga

Documentación que deberá achegar

  • Formulario de solicitude debidamente cumprimentado.
  • Certificado oficial ou tarxeta acreditativa do grao de discapacidade expedido pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, ou o correspondente organismo da Comunidade Autónoma competente en cada caso.
  • Permiso de circulación do vehículo.

Observacións

A concesión deste beneficio fiscal producirá efectos para o exercicio seguinte a aquel no que se formula a súa solicitude.