- Destinatario
Sempre que estean cumpridas, total e satisfactoriamente as obrigas garantidas, solicitarase a devolución ou cancelación das garantías que se constituiron nos títulos habilitantes de natureza urbanística, para a edificación e urbanización simultánea necesaria para que os terreos alcancen a condición de soar, como as que teñen por obxecto responder os posibles gastos de reconstrución ou reparación da vía pública.
Cando se poden solicitar ?
Una vez trascorrido un ano dende a finalización ou a recepción da obra, ou dende a concesión de licenza de primeira ocupación
Quen pode solicitar?
A persoa que teña constituída a garantía, ou quen o reprersente sempre que teña acreditada a representación.
Qué documentación hai que presentar?
- Tanto na presentación física como na telemática a instancia Modelo 264, que corresponde co procedemento Y019.
- No caso de actuar con representante, achegarase acreditación da representación.
- No caso de que a garantía fose formalizada mediante depósito: deberá achegar certificación bancaria do número de conta (IBAN) no que quere que se lle devolva a garantía. O titular da conta deberá ser a persoa que constituíu a garantía.
Como cubrir a instancia/procedemento?
- Non procede a devolución da garantía constituída en obras de edificación, rehabilitación, restruturación... mentres a intervención non dispoña do título habilitante para a súa primeira ocupación.
- Só procede a devolución da garantía ó interesado que a constituíu.
- Deberanse cubrir todos os campos da instancia e aportar a documentación que se requira segundo o caso.
- A falta de datos na instancia ou da preceptiva documentación, implicará a improcencia da devolución, se non se subsana a falla.
Onde se presenta?
No Rexistro Xeral.
Centro de Servizos municipais Ronda Muralla, 197
Horario: luns a venres, de 9:00 a 14:00.
Cando se presenta?
Transcorrido un ano dende a recepción da obra.
Prazo para resolver?
Tres meses, contados dende a presentación da solicitude coa documentación completa.
Canto custa?
- Gratuíto.
Onde se tramita?
Servizo de Licenzas – Concello de Lugo.