Declaración responsable para probas deportivas e actividades similares

Código: 
180
Presentación: 
Presencial
Descarga

Documentación

A). Xunto con este impreso debidamente cumprimentado, deberase achegar a seguinte documentación mínima:

  • 0. Acreditación da personalidade da parte interesada (DNI/NIE no caso das persoas físicas e acta de constitución no caso das xurídicas) ou no sru caso, do seu representante e documento que acredite a representación.
  • 1. Autorización do uso do solo por parte da titularidade de mesmo, cando non sexa de titularidade  municipal.
  • 2. Memoria especificando en que consisten os actos e datas e horario de desenvolvemento en cada xornada, número aproximado de participantes previstos, proposición de medios humanos e dispositivos de seguridade, sinalización, identificación das persoas responsables da dirección executiva, así como relación dos medios auxiliares cuxa utilización poda preverse.
  • 3. Planos con suficiente detalle do solo afectado polo evento, actos conexos, o no seu caso, itinerario, perfil e horario probable de paso, indicando cando sexa necesario, os tramos que precisen corte do tráfico viario/peatonal coa data e horario.
  • 4. Certificado da Instalación Eléctrica, (grupos electróxenos, cadros eléctricos, infraestructura, etc.).
  • 5. Relación de benes culturais/naturais catalogados, en caso de existir estes no entorno inmediato, especificando as medidas propostas/existentes para garantir a indemnidade de ditos bens, xunto cos informes favorables ou autorizacións que pola natureza e emprazamento da proba a desenvolver se precisen e deban ser expedidos polas administracións e organismos públicos distintos da Admón. Municipal.
  • 6. Regulamento ou normativa da proba.
  • 7. Plan de Autoprotección cando esté prevista unha asistencia igual ou superior ás 20.000 persoas.
  • 8. Seguro de Responsabilidade Civil de esixencia xeal e no seu caso Seguro de Accidentes específico para a proba, (póliza+recibo ou no seu caso certificado da entidade emisora do seguro).

B) 9. Con independencia da documentación da propia organización do acto, as persoas titulares das instalacións de carácter temporal (escenarios, tribunas, atraccións, postos de venda, etc.), deberán achegar a súa propia declaración responsable utilizando o impreso específico (modelos 181 ou 182, dependendo do tipo de instalación), xunto coa documentación esixida en cada caso.

C) A Administración municipal poderá requerir motivadamente aqueles outros documentos que considere necesarios para acreditar as condicións de seguridade, salubridade, tranquilidade, disponibilidade de autorizacións e calquera outra materia legalmente esixible

D) Para solicitar equipamiento ou prestación de servizos de titularidade municipal, acompañarase a esta declaración unha solicitude, xustificando na mesma a necesidade deestes medios e a ubicación prevista en plano adxunto. A mera solicitude non presupón a concesión destes medios, que en todo caso estará condicionada, entre outras causas, a súa dispoñibilidade.

PRAZOS: A documentación anterior presentarase cunha antelación mínima dun mes con respecto á data de comenzo da proba, agás o certificado da instalación eléctrica m, que poderá aportarse con anterioridade ao inicio dos actos. A relativa ás instalacións referenciadas no apartado B, deberá aportarse nun prazo de quince (15) días.

Directorio