Código:
266
Presentación:
Presencial
Descarga
Documentación que deberá achegar
- Tanto na presentación física como na telemática a instancia Modelo 266.
- Xustificante de pagamento dos tributos municipais. Para realizar a correspondente autoliquidación dos tributos deberá poñerse en contacto co Servizo de Facenda Local do Concello, presencialmente ou a través do correo electrónico apertura@lugo.gal.
- No caso de actuar en representación, autorización escrita da persoa solicitante ou copia de poder para representala.
- No caso de que a actividade sexa exercida por unha sociedade ou comunidade de bens, deberase presentar copia da súa constitución.
- Proxecto técnico, con planos de localización a escala 1/1.000 da planimetría do Plan Xeral de Ordenación Municipal, así como plano no que se localice o local dentro do inmoble no que se sitúa, memoria urbanística, memoria de superficies, memorias e planos técnicos, etc.
- As autorizacións e os informes sectoriais que sexan preceptivos, así como a aprobación do proxecto da instalación por parte do Ministerio competente na materia.
- Indicación da licenza de construción do inmoble no que se sitúa a instalación e da licenza de primeira utilización.
Como cubrir a instancia/procedemento?
- Deberanse cubrir todos os campos da instancia e aportar a documentación que se requira segundo o caso.
- A falta de datos na instancia ou da preceptiva documentación, implicará a ineficacia da declaración por incompleta, se non se subsana a falla.