Declaración "Actividade Extraordinaria - ESTABLECEMENTO"

Código: 
183
Presentación: 
Presencial
Descarga

Documentación que deberá achegar

Xunto con este impreso debidamente cumprimentado deberase aportar a siguiente documentación:

  • Acreditación da personalidade da parte interesada (DNI/NIE no caso de las personas físicas e acta de constitución no caso das xurídicas) ou no seu caso, do seu representante e documento que acredite a representación.  
  • Xustificante de pago da taxa regulada na ordenanza fiscal para o exercicio de actividades eventuais.
  • Autorización do uso do establecemento por parte da titularidade cando a persoa organizadora non sexa titular.
  • Memoria describindo os actos previstos, así como materiais e equipos que se van a empregar, número máximo previsto de público asistente, así como medidas correctoras e preventivas en materia de seguridade, salubridade, tranquilidade, etc. existentes ou previstas a implementar.
  • (•) Planos con suficiente detalle do emprazamento e configuración do establecemento, distribución do  mesmo e as súas dependencias anexas, especificando o uso das mesmas, as instalacións existentes ou previstas e superficie útil.
  • (•) Certificados de Inspección de Instalacións que regulamentariamente requiran revisión periódica. En todo caso, da instalación eléctrica (realizada por Organismo de Control Autorizado: OCA), así como doutras instalacións (de gas e otras) cuxa regulamentación así o esixa. Poderase acreditar mediante copia dos orixinais.  
  • Seguro de Responsabilidade Civil, específico para a actividade extraordinaria independente do propio do establecemento, e pola cuantía mínima esixida na normativa reguladora de actividades recreativas e espectáculos públicos. Poderase acreditar a súa disponibilidade mediante copia de póliza + último recibo ou, no seu caso certificado, da entidade emisora do seguro.
  • Outra documentación: A Administración municipal poderá requerir motivadamente aqueles outros documentos que considere necesarios para acreditar as condicións de seguridade, salubridade, tranquilidade e calquera outra materia legalmente esixible, así como que esta documentación veña suscrita por personal técnico competente ou entidade legalmente habilitada.

Non será necesario presentar a documentación sinalada sobre círculo negro (•), cando xa se aportara a mesma por un acto de similares características, estivexe vixente en canto ao seu contido no prazo previsto para a actividade extraordinaria, e así se fixera constar expresamente pola persoa declarante.

Prazo de presentación de solicitudes

Con carácter xeral a documentación anterior deberase aportar cunha antelación mínima dun mes á data de desenvolvemento da actividade extraordinaria. Como excepción do anterior, a relativa ao seguro de responsabilidade civil se poderá aportar cunha antelación de 15 días.