Concesión de acometidas de auga e saneamento

Código: 
601
Presentación: 
Presencial
Descarga

DOCUMENTACIÓN QUE DEBERÁ ACHEGAR

Con todas as solicitudes

  • Fotocopia do NIF/CIF da persoa propietaria do inmoble
  • Fotocopia da escritura de propiedade ou documento que a xustifique
  • Solicitude normalizada de formalización do contrato de subministración de auga/sumidoiros/lixo (Modelo 605), para tramitar o contrato de alta unha vez sexa autorizada a acometida
  • De tratarse dunha acometida de incendios, Solicitude normalizada de formalización do contrato de subministración de auga- USO INCENCIOS (Modelo 605), para tramitar o contrato de alta unha vez sexa autorizada a acometida

De tratarse dunha edificación nova

  • Fotocopia de licenza de obras

De tratarse dunha edificación existente

  • Licencia de primeira ocupación
  • No caso de non ter licencia de primeira ocupación, cédula de habitabilidade, ou documentación que as substitúa, será preciso presentar: Certificado expedido polo Concello, sobre a caducidade da acción para restablecer á legalidade urbanística alterada e sobre a prescrición da acción para sancionar relativa á dita edificación

NOTA: UNHA VEZ SEXA AUTORIZADA A ACOMETIDA E FEITAS AS OBRAS DE CONEXIÓN, TRAMITARASE O CONTRATO DE ALTA NA SUBMINISTRACIÓN AUGA/SANEAMENTO/LIXO E AVISARASELLES PARA QUE ACHEGUEN O RESTO DE DOCUMENTACIÓN (número de conta bancaria para domiliciar os recibos e tarxeta de datos do contador instalado....).