Comunicación urbanística de obras e usos do solo e subsolo

Código: 
257
Presentación: 
Presencial
Descarga

A comunicación previa en materia de urbanismo é o documento no que a persoa interesada pon en coñecemento da administración municipal que reúne os requisitos para realizar una actuación urbanística, que non está suxeita a previa autorización mediante licenza municipal.

A comunicación presentada non constitúe un acto de autorización administrativa tácita, se non, unicamente a transmisión da información correspondente para os efectos do coñecemento municipal que posibilite o exercicio das facultades municipais de inspección e control sobre os actos do uso do solo e subsolo obxecto da comunicación previa.

Que actuación se poden comunicar ?

En particular, sométense ao réxime de comunicación previa:

a) Os actos de edificación e uso do solo e do subsolo que, consonte a normativa xeral de ordenación da edificación, non precisen de proxecto de obras de edificación.

b) A execución de obras ou instalacións menores.

En ningún caso se entenderán como tales os parcelamentos urbanísticos, os muros de contención de máis de metro e medio de altura, as intervencións en edificios declarados bens de interese cultural ou catalogados e os grandes movementos de terra.

c) A utilización do solo para o desenvolvemento de actividades mercantís, industriais, profesionais, de servizos ou outras análogas.

d) O uso de voo sobre as edificacións e instalacións de calquera clase.

e) A modificación do uso de parte dos edificios e instalacións, en xeral, cando non teñan por obxecto cambiar os usos característicos do edificio nin implantar un uso residencial.

f) A extracción de granulados para a construción e a explotación de canteiras, aínda que se produza en terreos de dominio público e estean suxeitos a concesión ou autorización administrativa.

g) As actividades extractivas de minerais, líquidos e de calquera outra materia, así como as de verteduras no subsolo.

h) A instalación de invernadoiros.

i) A colocación de carteis e paneis de propaganda visibles desde a vía pública, sempre que non estean en locais pechados.

j) Os cerramentos e valados de predios.

Cando se realicen diversas actuacións relacionadas coa mesma edificación ou inmoble presentarase unha única comunicación previa.

Exclúense expresamente:

  • Aquelas obras sometidas a licenza urbanística, sinaladas no artigo 351 do Decreto 143/16, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016 do solo de Galicia.142.2 da Lei 2/16 do solo de Galicia.
  • Aquelas obras que non estando suxeitas a licenza municipal, poidan ser comunicadas de xeito inmediato e presencial nas dependencias municipais, relacionadas no artigo 3 da Ordenanza reguladora das comunicacións de obras.

Quen pode solicitar?

A persoa interesada lexitimada para tal fin.

Que documentación hai que presentar?

1.- Con carácter xeral para todos os supostos:

  • Instancia normalizada de solicitude de comunicación inmediata. Modelo 257
  • Identificación dos interesados mediante Documento Nacional de Identidade ou documento identificativo equivalente.
  • Autoliquidación  das taxas e impostos relativas ó  presuposto das obras a realizar.
  • No caso de actuar en representación achegará acrediitación da mesma.
  • Manifestación expresa de que a comunicación previa presentada cumpre en tódolos seus termos coa ordenación urbanística de aplicación.
  • Descripción técnica das características da actuanción a realizar, con relación dos materiais e acabados que se van a utilizar,  e  se é o caso, proxecto técnico legalmente esixible.
  • Plano de situación da obra referido á cartografía do planeamento municipal. Poderá ser facilitado pola Oficina de Topografía do Servizo Municipal de Enxeñería
  • Esbozo acoutado da actuación que se pretende realizar, con indicación exacta da situación dentro da edificación ou da parcela.
  • Copia das autorizacións ou informes sectoriales, concesións administrativas, o declaracións ambientais cando sexan legalmente esixibles ao solicitante, coa manifestación expresa de que dispón de todos.
  • Fotografías  en cor  do interior e fachadas do estado actual do local ou vivenda na que se intervén.
  • Presuposto da obra.
  • De ser o caso, certificado emitido polas entidades de certificación de conformidade municipal.
  • Documento de formalización da cesión, se é o caso.

2.- Nas actuacións de acondicionamento de locais que impliquen a implantación ou modificacións das actividades, presentarase ademais da documentación xeral  relacionada,  a establecida no artigo 24 da Lei 9/13, de 19 de decembro, de emprendemento e da competitividade económica de Galicia.

  • Memoria explicativa da actividade que se pretede realizar coa manifestacións expresa do cumprimento de tódolos requisitos técnicos e administrativos.
  • Declaración de que se cumpren tódolos requisitos para o exercicio da actividade,  de que o local e as instalacións reúnen as condicións de seguridade e salubridade e as demais previstas no planeamento urbanístico.
  • Proxecto e documentación técnica que resulte esixible segundo a natureza da actividade ou instalación.
  • Autorización ou declaración ambiental que proceda.
  • Autorizacións e os informes sectoriais que sexan preceptivos xunto coa manifestación expresa de que se conta con tódolos necesarios para o inicio da obra, instalación ou actividade.

3.-  Nas obras de adecuación funcional de vivenda, deberá presentarse documentación firmada por técnico/a competente.

Onde se presenta?

No Rexistro xeral - Centro de Servizos municipais Ronda Muralla, 197

Horario: luns a venres, de 9:00 a 14:00.

Cando se presenta?

Como mínimo 15 días antes do inicio da obra.

Como é proceso de tramitación?

Analizada a documentación e en función da adecuación ou non do seu contido ao ordenamento urbanístico e a ordenaza, axustarase o seguinte procedemento:

  • Dentro dos quince  días hábiles seguintes á comunicación, o concello, sen prexuízo da comprobación do cumprimento dos requisitos, poderá declarar completa a documentación presentada ou requirir a reparación das deficiencias que presente a documentación, adoptando neste caso, motivadamente, as medidas provisionais que entenda oportunas para evitar toda alteración da realidade en contra da ordenación urbanística aplicable, comunicándoas á persoa interesada por calquera medio que permita acreditar a súa recepción.
  • Unha vez declarada polo concello, de ser o caso, completa a documentación presentada, o exercicio das facultades muncipais de inspección e control sobre os actos de uso do solo ou do subsolo obxecto da comunicación previa  presentada limitarase á comprobación do cumprimento dos requisitos materiais aos que estivesen sometidos pola lexislación e o planeamento urbanístico.
  • Con carácter xeral, transcorrido o prazo de quince días hábiles sinalado, a presentación da comunicación previa cumprindo con todos os requisitos esixidos constitúe título habilitante para o inicio dos actos de uso do solo e do subsolo suxeitos a ela, sen prexuízo das posteriores facultades de comprobación, control e inspección por parte do concello respectivo.
  • Cando deban  realizarse diversas actuacións relacionadas coa mesma edificación ou inmoble, presentarase unha única comunicación previa.
  • A inexactitude, falsidade ou omisión, de carácter esencial, en calquera dato, manifestación ou documento que se achega ou incorpora á comunicación previa comporta, logo de audiencia da persoa interesada, a declaración de ineficacia da comunicación efectuada e impide o exercicio do dereito ou das actividade afectada desde a notificación da resolución pola que se declare a ineficación da comunicación efectuada, sen prexuízo das sancións que proceda impoñer por tales feitos.
  • A resolución administrativa que constata as circunstancias ás que se refire o punto anterior, comportará o inicio das correspondentes actuacións e a esixencia de responsabilidades e poderá determinar a obriga da persoa interesada de restituír a situación xurídica ao momento previo ao recoñecemento ou ao exercicio do dereito ou  ao inicio da actividade correspondente, así como a imposibilidade de instar un novo procedemento co mesmo obxecto durante un período de tempo determinado,

Canto custa?

A documentación que  acompaña a comunicación, incorporará o xustificante do pagamento da autoliquidación das taxas e impostos que correspondan,  de conformidade co establecido:

  • Ordenanza fiscal nº 103, reguladora da taxa pola prestación de servizos urbanísticos.
  • Ordenanza fiscal nº 202, reguladora do imposto sobre construcións, instalacións e obras.

Manual para obter o presuposto de execución de material dunha edificación >>

Custo de execución de obras menores >>

Onde se tramita?

Servizo de Licenzas – Concello de Lugo.

Observacións

  • As comunicacións previas é o medio para que o Concello coñeza  dita actuación e poida exercer as facultades de comprobación, control e inspección.
  • A comunicación deberá presentarse coa documentación completa esixible, incluindo os informes e as autorizacións doutros organismo que sexan preceptivas, así como as autorizacións para o uso e a utilización do espacio público se fora necesario.
  • En ningún caso se entenderán adquiridas facultades ou dereitos en contra da lexislación ou do planeamento aplicable. A declaración de ineficacia extemporánea, será plenamente válida e eficaz e producirá plenos efectos xurídicos.
  • A comunicación non exonera ós titulares ou suxeitos responsables das súas obrigas de carácter tributario, fiscal, administrativo ou civil, establecidas na normativa de aplicación, requerindo a autoliquidación das taxas.
  • As actuacións comunicadas realizaranse deixando a salvo o dereito de propiedade e sen prexuizo de terceiros
  • Unha vez rematadas as obras  comunicadas  destinadas ao desenvolvemente dunha actividade presentarase comunicación previa para o inicio da actividade ou a apertura do establecemento sen máis requisitos que os datos de identificación da  persoa titular e a referencia da comucación previa ou a licenza urbanística que amparou a obra realizada e o certificado final de obra asinado por técnico competente.

Directorio