Comunicación previa ó inicio de actividades ou apertura de establecementos

Código: 
259
Presentación: 
Presencial
Descarga

Que documentación hai que presentar?

1.-     DOCUMENTACIÓN XENÉRICA QUE TERÁ QUE SER PRESENTADA:

  • Na presentación física a instancia Modelo 259 e na presentación telemática cumplimentar o procedemento Y012.
  • Xustificante de pagamento dos tributos municipais. Para realizar a correspondente autoliquidación dos tributos deberá poñerse en contacto co Servizo de Facenda Local do Concello, presencialmente ou a través do correo electrónico aperturas@lugo.gal.
  • No caso de actuar en representación, autorización escrita da persoa solicitante ou copia de poder para representala.
  • No caso de que a actividade sexa exercida por unha sociedade ou comunidade de bens, deberase presentar copia da súa constitución.
  • Indicación da licenza de construción do inmoble, se este é posterior ao ano 1969; se é anterior, deberá facelo constar expresamente na instancia.
  • Indicación da licenza de primeira ocupación da edificación, se a obra se finalizou con posterioridade ao ano 1977.
  • Informe de parámetros acústicos emitido por entidade acreditada, de conformidade cos artigos 11.1 e 11.2 do Decreto 106/2015, do 9 de xullo, sobre contaminación acústica de Galicia, xustificativo do cumprimento dos límites de inmisión sonora e valores mínimos de illamento acústico: de fachada e, de ser o caso, respecto de recintos protexidos lindeiros alleos á actividade. Este informe no caso das actividades do “grupo 0”, poderase substituír por escrito, asinado polo titular da actividade, declarando que o nivel de emisión sonora interior no establecemento non superará 75 dBA (artigo 11.3 do Decreto 106/2015).
  • Se fose o caso, o certificado, acta ou informe de conformidade emitido polas entidades de certificación de conformidade municipal reguladas na Lei 9/2013 do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.

2.-     DOCUMENTACIÓN ADICIONAL ESPECÍFICA:

Á documentación indicada no apartado anterior unirase, segundo o caso de que se trate, a indicada nun dos seguintes apartados:

2.1. Inicio de actividades que non requiren a realización de obras

No caso da implantación dunha nova actividade ou reforma dunha preexistente, cando non se realizaron modificacións no establecemento nin nas instalacións existentes para as que fose preceptiva licenza ou comunicación de obra, por ser aqueles conformes ás esixencias da normativa que resultase de aplicación, achegarase a seguinte documentación:

  • Documentación subscrita por facultativo/a competente, xustificativa da viabilidade da actividade sen necesidade de realizar obras. Poderá estar integrada nun único documento e estará composta de:
    • Memoria coa descripción da actividade ou proceso produtivo que se pretende implantar ou modificar con enumeración da maquinaria, dotacións existentes máis significativas, horario de funcionamento, etc.
    • Declaración expresa de que o establecemento reúne as condicións urbanísticas, medioambientais, de seguridade, salubridade, accesibilidade, e as demais normativa que resulte de aplicación.
    • Estudo xustificativo da normativa que resultara de aplicación segundo materia: urbanística, protección contra incendios, seguridade de utilización, accesibilidade, contaminación acústica e, de ser o caso medioambiental, aforro enerxético, etc.
    • Planos de localización do emprazamento a escala 1/1.000, ou equivalente, usando como base a planimetría do Plan Xeral de Ordenación Municipal e de situación relativa do local sobre edificio/parcela, de planta reflectindo distribución, usos de cada dependencia, cotas, maquinaria e instalacións, así como seccións e alzados.
    • Reportaxe fotográfica; que complementará graficamente a planimetría tanto no exterior (fachada en todo caso) como nos recintos interiores máis representativos do desenvolvemento da actividade; suficientemente descriptiva das instalacións/dotacións existentes: ventilación, climatización, equipos de protección contra incendios, elementos accesibles.
  • A autorización ou declaración ambiental que, de ser o caso, proceda.
  • As autorizacións e os informes sectoriais que, de ser o caso, sexan preceptivos.

2.2. Inicio de actividades tras rematar as obras de acondicionamento con título habilitante para as mesmas

No caso da implantación da nova actividade ou reforma da preexistente, unha vez rematadas as obras de adecuación do establecemento e/ou das instalacións, para as que con anterioridade se obtivo licenza ou se produciu a eficacia da comunicación previa, e antes do inicio da actividade, achegarase:

  • Certificado fin de obra, asinado por técnico/s competente/s, no que se certificará a execución das obras conforme ao previsto no proxecto e o seu axuste ao título habilitante de obra. Indicarase calquera modificación sobre o inicialmente proxectado, reflectíndoa, de ser o caso, en documentación gráfica adxunta coa manifestación expresa da súa compatibilidade co título habilitante de obra (punto II.3 do anexo II do Código Técnico da Edificación, parte I).

Como cubrir a instancia/procedemento?

  1. Se o interesado neste procedemento é persoa xurídica está obrigada a iniciar o procedemento electrónico Y012, a través da sede electrónica do Concello, cubrindo todos os campos (artigo 16.8 da Lei 39/2015, de 1 de outubro).
  2. Deberanse cubrir todos os campos da instancia e aportar a documentación que se requira segundo o caso.
  3. A falta de datos na instancia ou da preceptiva documentación, implicará a ineficacia da comunicación por incompleta, se non se subsana a falla.
  4. As actividades que estén incluidas no Decreto 124/2019, do 5 de setembro, polo que se aproba o Catálogo de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos abertos ao público da Comunidade Autónoma de Galicia deberán iniciar o procedemento a través da instancia Modelo 262.
 

Directorio