Comunicación previa de actuacións urbanísticas, que se poden realizar de maneira inmediata e presencial nas dependencias municipais. Son as relacionadas na Ordenanza reguladora das comunicacións de obras

Código: 
258
Presentación: 
Presencial
Descarga

Este trámite permite que en determinadas actuacións de escasa entidade constructiva, sinxeleza técnica e económica, se realice a comunicación previa  de xeito presencial ante o Concello.

Este procedemento abreviado lévase a cabo presencialmente nas oficinas municipais de Arquitectura, que analizará a documentación completa presentada por duplicado, dilixenciándose como eficaz, ineficaz, ou actuación non incluída nas actuacións inmediatas realizadas de forma presencial.

A comunicación previa en materia de urbanísmo é o documento no que a persoa interesada pon en coñecemento da administración municipal que reúne os requisitos para realizar una actuación urbanística, que non está suxeita a previa autorización mediante licenza municipal.

A comunicación presentada non constitúe un acto de autorización administrativa tácita, se non, unicamente a transmisión da información correspondente para os efectos do coñecemento municipal que posibilite o exercicio das facultades municipais de inspección e control sobre os actos do uso do solo e subsolo obxecto da comunicación previa.

Que obras se poden comunicar de xeito presencial ante o Servicio de arquitectura?

Pódense comunicar de xeito presencial as seguintes obras:

a) Acondicionamento total de local, con modificación da distribución interior, sen afectar á estrutura do edificio e ao subsolo.

b)  Acondicionamento parcial de locais en edificios con uso distinto a vivenda, sen afectar á estrutura do edificio.

c) Obras no interior da vivienda que non modifiquen a distribución, nin afecten a estrutura.

c) Supresión de tabique, obras de adecuación funcional na vivenda (protección contra a humidade, illamento térmico e acústico) e instalacións en vivenda.

d) Pintado, reparación e impermeabilización de fachadas, medianeiras, patios, terrazas e balcóns. (Excepto no ámbito do Plan especial de protección, rehabilitación e reforma interior do recinto amurallado).

e) Substitución e colocación de carpintería exterior. (Excepto no ámbito do Plan especial de protección, rehabilitación e reforma interior do recinto amurallado).

f) Reparación e/ou substitución de elementos e instalacións comúns do edificio (ascensores, caldeiras, equipos de bombeo, escaleiras, portais, porteiros automáticos, etc.) sen afección estrutural.

g) Instalación de baixantes, canlóns e antenas (excepto de telefonía móbil), sen afección estrutural.

h) Substitución e reparación do material de cubrición das cubertas, sen afección estrutural.

i) Instalación de novos elementos publicitarios en locais comerciais (rótulos, toldos, bandeirolas, etc.) (Excepto no ámbito do Plan especial de protección, rehabilitación e reforma interior do recinto amurallado).

j) Instalación e construción de valados, peches de parcelas e soares.(Excepto nos núcleos rurais nos que exista peche tradicional).

k) Pozos de auga e foxas sépticas.

l) Limpeza, roza e nivelación de soares e parcelas, sempre que non altere o nivel natural do terreo nin afecte a ningún uso ou instalación pública. 

m) Axardinamentos, pavimentación, implantación de bordo e instalacións necesarias para o uso ou conservación de espazos libres de dominio privado sempre que non afecte a usos, servizos ou instalacións públicas.

Exclúense expresamente:

  • Aquelas obras sometidas a licenza previa, sinaladas no artigo 142.2 da Lei 2/16 do solo de Galicia.
  • Aquelas obras que non estando suxeitas a licenza municipal, teñan que ser comunicadas con carácter previo o seu inicio e non se atopen nas relacionadas anteriormente como comunicación presencial.
  • As obras destinadas o exercicio dunha actividade.

Quen pode solicitar?

A persoa interesada lexitimada para tal fin.

Qué documentación hai que presentar?

1.-     DOCUMENTACIÓN XENÉRICA QUE TERÁ QUE SER PRESENTADA:

  • A instancia Modelo 258, que se corresponde co procedemento Y010.
  • Xustificante de pagamento dos tributos municipais. Para realizar a correspondente autoliquidación dos tributos deberá poñerse en contacto co Servizo de Facenda Local do Concello, presencialmente ou a través do correo electrónico tasasobras@lugo.gal.
  • No caso de actuar en representación achegará acreditación da mesma.
  • Descrición completa das características técnicas da actuación que pretende realizar, indicando as dimensións, medicións, materiais e acabados que se van utilizar.
  • Plano de situación da obra referido á cartografía do planeamento municipal. Poderá ser solicitado á Oficina de Topografía do Servizo Municipal de Enxeñería, indicando a referencia catastral do ben afectado, presencialmente ou na dirección de correo electrónico planosdesituacion@lugo.gal.
  • Esbozo acoutado da actuación que se pretende realizar, con indicación exacta da situación dentro da edificación ou da parcela.
  • Orzamento de execución material detallado da obra, con expresa indicación das medicións.
  • Autorizacións ou informes sectoriais, concesións administrativas ou declaracións ambientais cando sexan legalmente esixibles; ou, cando se trate de declaracións responsables, acreditación de que presentaron debidamente.
  • Se procede, fotografías en cor do interior e fachadas do estado actual do local ou vivenda na que se intervén.

2.-     DOCUMENTACIÓN ADICIONAL NAS SEGUINTES INTERVENCIÓNS:

2.1. Nas obras que teñan por obxecto a reforma interior da vivenda

  • Plano de estado actual e estado reformado.

2.2. Nas obras que teñan por obxecto o peche de parcelas e soares

  • Memoria descritiva e croquis do peche, con indicación dos materiais, altura e lonxitude do mesmo. Os peches de bloque de formigón deberán ser debidamente revestidos e pintados.
  • Plano da parcela indicando a situación do peche na parcela.
  • Reportaxe fotográfica en cor da parcela na que se pretenden construír o peche.
  • Nos peches de parcelas situadas en solo clasificado como urbano e solo de núcleo rural achegarase plano de posición do peche axustado as aliñacións oficiais establecidas no Plan Xeral de Ordenación Municipal.
  • Nos peches de parcelas en solo rústico que linden con vías públicas deberase xustificar o retranqueo coa vía pública á que dea fronte.

2.3. Nas obras de substitución de carpintería exterior, que difira do modelo, material ou cor existente

  • Acordo da comunidade de propietarios no que se aprobe o modelo a instalar nas substitucións das carpinterías do edificio. Co fin de manter a estética das fachadas, todas as fiestras e galerías deben ser iguais e os cambios que se fagan deberán ser co mesmo modelo, que será o aprobado pola comunidade de propietarios.
  • Croquis co deseño da nova carpintería, indicando material, cor e sistema de apertura.
  • Fotografías en cor da fachada na que se observen todas as carpinterías exteriores existentes na mesma e se sinalen as carpinterías que se van a substituír.

2.4. Na colocación de placa, rótulo ou bandeirola

  • Os rótulos e bandeirolas luminosos (tipo neón ou led) deberán presentar conformidade da veciñanza afectada nos termos dos artigos 139 e 140 do vixente PXOM.
  • Croquis ou fotomontaxe indicando as características do rótulo ou bandeirola (se é apegado, saínte, con luz, sen luz, neón, led...) e indicando as medidas, altura dende a base á beirarrúa, material, cor e ubicación na fachada.

INFÓRMASE de que as condicións esixidas para a instalación no Concello de Lugo se regulan:

Dentro do ámbito do PEPRI: artigos 127, 128 e 129 do PEPRI (publicado no BOP núm. 166, do 21 de xullo de 1997).

Fóra do ámbito do PEPRI: artigo 139 do Plan Xeral de Ordenación Municipal (BOP núm. 037, do 14 de febreiro de 2012).

2.5. Na colocación de toldos e marquesinas

  • Deseño a escala do toldo, indicando medidas (longo, ancho e altura), altura da base á beirarrúa, cor e materiais.
  • Fotografías en cor da fachada do inmoble.

INFÓRMASE das condicións esixidas para a instalación no Concello de Lugo:

Dentro do ámbito do PEPRI: non se autorizan marquesinas e os toldos regúlanse no artigo 126 do PEPRI (publicado no BOP núm. 166, do 21 de xullo de 1997).

Fóra do ámbito do PEPRI: as marquesinas regúlanse no artigo 136 e os toldos no 138 do Plan Xeral de Ordenación Municipal (BOP núm. 037, do 14 de febreiro de 2012).

Como cubrir a instancia/procedemento?

  1. Deberanse cubrir todos os campos da instancia e aportar a documentación que se requira segundo o caso.
  2. A falta de datos na instancia ou da preceptiva documentación, implicará a ineficacia da comunicación por incompleta, se non se subsana a falla.
  3. A documentación presentarase por duplicado e será analizada de xeito inmediato polo persoal técnico encargado ao efecto.
  4. De resultar incompleta a documentación presentada, informaráselle das deficiencias para que esta se realice posteriormente de xeito completo.
  5. Se a documentación é completa e cumpre as disposicións e normativa urbanística de aplicación, procederase nese momento a dilixenciala, debendo o interesado proceder a súa presentación, con toda a documentación completa, no rexistro xeral do concello. unha vez rexistrada, o Servizo de Licenzas incorporará toda a documentación no procedemento electrónico das comunicacións urbanísticas, dando por finalizada a súa tramitación.
  6. As comunicacións inmediatas presenciais non produciran efectos, se unha vez dilixenciada, o interesado non presenta a documentación completa no rexistro xeral do Concello.
  7. Se a documentación é completa, pero incumpre algunha determinación das disposicións e normativa urbanística de aplicación, procederase nese momento a dilixenciala como ineficaz, dando por finalizado o procedemento sen máis trámite.
  8. Cando se realicen diversas actuacións relacionadas coa mesma edificación ou inmoble presentarase unha única comunicación previa.
  9. Deberá dispoñerse no lugar da obra da comunicación previa co xustificante de tela presentada.

Onde se presenta?

No Servizo de Arquitectura - Centro de Servizos municipais Ronda Muralla, 197

Horario: luns a venres, de 9:00 a 14:00.

Cando se presenta?

Antes do inicio da obra.

Prazo para resolver?

A documentación será analizada de inmediato polo persoal funcionario encargado da súa tramitación, realizándose de xeito presencial na oficina establecida para o efecto. De ser presentada no Rexistro Xeral do Concello, tramitarase de conformidade co establecido no artigo  5 da Ordenanza municipal reguladora das comunicacións de obras e na Lei 39/2015 de procedemento administrativo das Administracións Públicas.

Canto custa?

A documentación que  acompaña a comunicación, incorporará o xustificante do pagamento da autoliquidación das taxas e impostos que correspondan,  de conformidade co establecido:

  • Ordenanza fiscal nº 103, reguladora da taxa pola prestación de servizos urbanísticos
  • Ordenanza fiscal nº 202, reguladora do imposto sobre construcións, instalacións e obras

Manual para obter o presuposto de execución de material dunha edificación >>

Custo de execución de obras menores >>

Onde se tramita?

Recollida plano de situación na área de Topografia

Horario 12.00h -14.00 h

Impreso de autoliquidación para abono en entidade bancaria no Servizo de Tesorería

Horario 09.00h – 14.00h

Presentación de toda a documentación no Servicio de Arquitectura

Horario 12.00h -14.00 h

Observacións

  • As comunicacións previas son o  medio para que o Concello coñeza  dita actuación e poida exercer as facultades de comprobación, control e inspección.
  • A comunicación deberá presentarse coa documentación completa esixible, incluindo as autorizacións doutros organismo que sexan preceptivas, así como as autorizacións para o uso e a utilización do espacio público se fora necesario.
  • En ningún caso se entenderán adquiridas facultades ou dereitos en contra da lexislación ou do planeamento aplicable. A inexactitude falsidade ou a omisión de carácter esencial que se achegue, comportará a declaración de ineficacia da comunicación efectuada e impide continuar co exercicio do dereito ou da actividade. A declaración de ineficacia extemporánea, será plenamente válida e eficaz e producirá plenos efectos xurídicos.
  • A comunicación non exonera os titulares ou suxeitos responsables das súas obrigas de carácter tributario, fiscal, administrativo ou civil, establecidas na normativa de aplicación, requerindo a autoliquidación das taxas.
  • A comunicación inmediata presencial, realizarase persoalmente na dependencia municipal habilitada ó efecto,  nos temos seguintes:
  • A documentación presentarase por duplicado e será analizada de xeito inmediato polos/as funcionarias/os encargadas/os da súa tramitación.
  • De resultar incompleta a documentación presentada, informaráselle para que esta se realice posteriormente de xeito completo.
  • Se a documentación é completa e cumpre as disposicións e normativa urbanística de aplicación, procederase nese momento a dilixenciar esta, como eficaz, dando por finalizado o procedemento. As obras deberán ser realizadas no prazo máximo de seis meses.
  • Se a documentación é completa, pero incumpre algunha determinación das disposicións e normativa urbanística de aplicación, procederase nese momento a dilixenciar esta, como ineficaz, dando por finalizado o procedemento. 

Directorio