Declaración de caducidade da acción para restablecer a legalidade urbanística alterada

Código: 
204
Presentación: 
Presencial
Descarga

Documentación que hai que presentar con esta solicitude

  • Certificación catastral descritiva e gráfica na que conste a relación de titulares.
  • Fotografías de todas as fachadas do inmoble feitas a cor.
  • Plano de situación da cartografía municipal no que se delimite o inmoble obxecto da solicitude (obtense nas oficinas do Servizo Municipal de Enxeñería/Topografía, en horario de 12 a 14 horas ou ben solicitándoo por correo electrónico ó seguinte enderezo: planosdesituacion@lugo.gal).
  • Informe emitido por técnico/a competente no que se describa o inmoble e se acredite de maneira xustificada, expresa e pormenorizada, a data de terminacion das obras. Incluirá planos, alzados e seccións do inmoble, con expresión das distintas superficies e volume, así como plano de emprazamento con delimitación precisa da parcela na que se ubica e a distancia a lindeiros.
  • Nota simple informativa do Rexistro da Propiedade.
  • Calquera outro medio de proba válido en dereito que acredite a data da terminación da edificación.
  • Cando se trate dun inmoble pertencente a un edificio con división horizontal é preciso que aporte a escritura de división horizontal na que conste o local descrito nos termos que constan no informe de antigüidade achegado (superficie e usos), ademais dun plano de distribución.
  • Xustificante do pago da taxa por prestación de servizos urbanísticos, que segundo o disposto na Ordenanza Municipal 103 ascende á cantidade de 206 € (pódese descargar o impreso para o pago da taxa - Modelo 103- da páxina web do Concello: http://www.lugo.es/Modalidad3/Autoliquidacion?modelo=103