Cambio de enderezo no Padrón municipal de habitantes dunha persoa menor de idade

Código: 
508
Presentación: 
Presencial
Descarga

Documentación que deberá presentar (en fotocopia)

  • Documento de identidade en vigor da nai, pai ou titor/a legal da persoa menor de idade, segundo o caso:
    • No caso de persoas de nacionalidade española: DNI.
    • No caso de persoas estranxeiras comunitarias: número de identificación de estranxeira/o (NIE) e pasaporte ou documento de identidade do seu país.
    • No caso de persoas estranxeiras non comunitarias: tarxeta de residencia ou pasaporte.
  • Documento de identidade da persoa  coa que se inscribe a/o menor, segundo o apartado anterior.
  • No caso de actuar a través de representante legal, documento que acredite a representación (orixinal e fotocopia) e documento de identidade do representante (orixinal).
  • Libro de familia.
  • Documento que acredite a tutela ou garda e custodia no caso de separación ou divorcio.
  • Autorización do proxenitor que non figura empadroado no enderezo da persoa menor de idade.

Onde se presenta? 

No Servizo de Estatística
Centro de Servizos Municipais
Ronda da Muralla, 197
Horario: luns a venres, de 9:00 a 14:00

Cal é o prazo para resolver? 

Aproximadamente unha semana. 

Canto custa? 

Gratuíto. 

Onde se tramita? 

Sección de Estatística – Concello de Lugo.

Directorio