Bases e anexos do Plan Reanima Lugo

Código: 
Covid-19
Presentación: 
Presencial
Online
Descarga

Plan Reanima Lugo

Ante a crise do COVID 19, o goberno de Lara Méndez activa o Plan Reanima Lugo, co que inxectará, a través de axudas directas, 5 millóns de euros a autónomos, microempresas, pemes e familias co fin de aportarlles liquidez para que poidan facer fronte aos gastos e intentar protexer os postos de traballo.

O plan artellouse para poder desenvolverse da maneira máis áxil posible e coa menor burocracia.

Inclúe dúas liñas principais:

  • 1) Medidas de axuda ao impulso económico e de protección do emprego, ás que destinaremos 4 millóns de euros
  • 2) Medidas de axuda á conciliación da vida familiar e laboral por situacións derivadas do COVID 19, ás que destinaremos 1 millón de euros

Estas dúas liñas de axudas, que non son excluíntes entre si.

O extracto das axudas saen publicadas no BOP do 14 de abril: http://www.deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/14-04-2020_1.pdf#page=2

O prazo de presentación de solicitudes comeza o 15 de abril e desde ese día ábrense dúas canles para consultar información relativa ao soporte da Sede Electrónica e para as axudas do Plan Reanima:

  • Teléfono: 900.270.900 (En horario de 8.00 horas a 20.00 horas de luns a xoves, e de 8.00 horas a 15.00 horas os venres)
  • Correo: reanimalugo@lugo.gal

Para pedir o certificado de empadronamento: http://concellodelugo.gal/gl/tramites/certificado-de-empadroamento

Prema aquí, para acceder á sede electrónica e cumplimentar o formulario do rexistro telemático do Concello de Lugo

+ info

Covid-19 | Bases e anexos do Plan Reanima Lugo

Directorio