Bases do Certame "Concurso de Monólogos no Confinamento"

Presentación: 
Presencial
Online
Descarga

A área de Xuventude pon en marcha un certame de monólogos para a mocidade que pretende animar á poboación xuvenil a aproveitar as horas na casa realizando actividades que lles gusten ao tempo que desenvolven dotes artísticas. O obxectivo é  promover, entre os mozos e mozas, a creatividade, imaxinación e novos quefaceres neste período de confinamento ao que a cidadanía nos vimos abocados tras a declaración do Estado de Alarma como medida de loita contra a expansión do COVID-19.

O certame está aberto a mozas e mozos de 14 a 35 anos empadroados en Lugo, que estuden ou traballen no municipio. Cada participante debera presentar un único traballo de 4 a 10 minutos de duración.