Baixa no Padrón municipal de persoas estranxeiras que se van para o estranxeiro

Código: 
501
Presentación: 
Presencial
Descarga

As persoas de nacionalidade non española que retornen ao seu país de orixe deben solicitar a súa baixa no Padrón municipal de habitantes do Concello.

Quen o pode solicitar?

A persoa interesada maior de 16 anos ou o seu representante legal.

Que documentación hai que presentar?

  • Solicitude xeral
  • Documento de identidade en vigor (orixinal e fotocopia) da persoa interesada (DNI, NIE, pasaporte ou tarxeta de residencia, segundo o caso)
  • No caso de actuar a través de representante, documento que acredite a representación
  • No caso de baixa de menores de 16 anos, Libro de familia ou documento que acredite a tutela ou garda e custodia

Onde se presenta?

Na Oficina de Estatística
Centro de Servizos Municipais
Ronda da Muralla, 197
Horario: luns a venres, de 9:00 a 14:00

Cal é o prazo para resolver?

Aproximadamente 1 día

Canto custa?

Gratuíto.

Onde se tramita?

Sección de Estatística – Concello de Lugo

Directorio