Alta por omisión no Padrón municipal de habitantes

Código: 
504
Presentación: 
Presencial
Descarga

Este trámite permite inscribirse no Padrón municipal de habitantes ás persoas que, vivindo habitualmente no Concello de Lugo, non figuran empadroadas en ningún concello.

O Padrón municipal é o rexistro administrativo onde constan as veciñas e os veciños dun municipio. Os seus datos constitúen unha proba da residencia no municipio e do domicilio habitual nel.

Toda persoa que viva en España está obrigada a inscribirse no Padrón do municipio no que resida habitualmente. Quen viva en varios municipios deberá inscribirse unicamente no que habite durante máis tempo ó ano.

Quen o pode solicitar?

A persoa interesada maior de 16 anos ou quen posúa a súa representación legal.

Que documentación hai que presentar?

Documentación xenérica

  • Folla de inscrición padroal cuberta por todas as persoas maiores de idade que se inscriban (no caso de inscrición de menores, asinan a nai, pai ou titora ou titor legal)
  • Documento de identidade en vigor da persoa interesada: DNI, NIE, pasaporte ou tarxeta de residente, segundo o caso

Documentación específica para alta de menores de 16 anos

  • Libro de familia ou documento que acredite a tutela ou garda e custodia
  • Copia do acordo regulador ou sentenza xudicial, no caso de separación ou divorcio
  • Autorización do outro proxenitor

Documentación relativa ó domicilio de alta, segundo sexa o caso

Vivenda ocupada

  • Autorización para residir na vivenda

Vivenda en alugamento

  • Contrato de alugamento ou último recibo de alugamento se o contrato se formalizou hai máis dun ano
  • Último recibo de subministración de auga (*)
  • Última factura de subministración de luz

Vivenda en propiedade

  • Escritura, contrato privado de compravenda ou recibo do IBI -imposto de bens inmobles- (contribución) (*)
  • Último recibo de subministración de auga (*)
  • Última factura de subministración de luz

Vivenda en réxime de cesión

  • Autorización para residir na vivenda
  • Último recibo de subministración de auga (*)
  • Última factura de subministración de luz

Pensión, hotel ou establecemento colectivo similar

  • Xustificante de inscrición no rexistro deste

(*) A presentación destes documentos é voluntaria, se ben contribúe a axilizar a tramitación do expediente.

Onde se presenta? 

No Servizo de Estatística
Centro de Servizos Municipais
Ronda da Muralla, 197
Horario: luns a venres, de 9:00 a 14:00

Cal é o prazo para resolver? 

Aproximadamente dúas semanas. 

Canto custa? 

Gratuíto. 

Onde se tramita? 

Sección de Estatística – Concello de Lugo. 

Directorio