Subministración de auga en vivendas antigas
- Tipo
- Concesión
- Ámbito
- Subministracións e residuos
- Destinatario
- Cidadanía en xeral
Documentación que deberá achegar
Con toda as solicitudes
- Fotocopia do NIF/CIF da persoa propietaria do inmoble.
- Fotocopia da escritura de propiedade ou documento que a xustifique.
- Xustificante de ter pagadas as taxas da acometida, no seu defecto, solicitude normalizada de concesión de acometida de auga, de saneamento e de incendios, se fose o caso.
A) Se non posúen licenza de obra, ademáis é preciso presentar:
- CERTIFICACIÓN TÉCNICA na que conste a antigüidade do inmoble e na que se describa éste de forma expresa,xutificada e pormenorizada e se acredite os anos que leva rematado no seu estado actual e, como mínimo, dende hai máis de seis anos; ou escritura actualizada de obra nova da vivenda, xunto con plano de situación no PXOM.
B) Se posúen licenza de obra, é preciso, ademáis, presentar:
- Copia do título de licenza e certificado final de obra, xunto con plano de situación no PXOM.
- CERTIFICACIÓN TÉCNICA na que conste a antigüidade do inmoble e na que se describa éste de forma expresa,xutificada e pormenorizada e se acredite os anos que leva rematado no seu estado actual e, como mínimo, dende hai máis de seis anos; ou escritura actualizada de obra nova da vivenda, xunto con plano de situación no PXOM.
NOTA. A certificación técnica debe ser emitida por arquitecto, aparellador, enxeñeiro civil ou calquera outro profesional lexitimado e debe facer referencia, se fose o caso, atodas e cada unha das edificacións que conforman o predio onde se ubica o inmoble sobre o que se emite a dita certificación técnica (palleiras,garaxes, piscinas,etc.).
De tratarse dunha solicitude para un só local dunha edificación colectiva:
- Escritura de división horizontal do edificio.
De tratarse dunha solicitude para un local comercial:
- Copia da licencia de apertura, copia da comunicación previa e declaración responsable de apertura,(según o caso) e copia da declaración de alta no Imposto de actividades económicas.
UNHA VEZ TRAMITADA ESTA SOLICITUDE AVISARÁSELLES PARA QUE PRESENTEN O RESTO DE DOCUMENTACIÓN PARA FORMALIZAR O CONTRATO DE ALTA NA SUBMINISTRACIÓN DE AUGA, SUMIDOIROS E LIXO.