Solicitudes de Axuda (Anexo I) e Xustificación (Anexo II) do Plan de emprego municipal (con)trato feito!
Presentación:
Presencial
Descarga
- Tipo
- Axuda | Subvención
- Destinatario
- Asociacións, fundacións e entidades,
- Cidadanía en xeral
Formularios de Solicitude de Axuda (Anexo I) e Solicitude de Xustificación da Axuda (Anexo II) do Plan de emprego municipal (con)trato feito! do Concello de Lugo.
Prazo de presentación de solicitudes: do 24/09/2016 ata o 13/10/2016 (ámbolos dous inclusive)
Solicitude de Axuda (Anexo I) - Documentación que se debe achegar:
- DNI
- Tarxeta de identificación fiscal da entidade
- No caso de sociedades, escritura de constitución inscrita no rexistro correspondente, e DNI da/o representante e poder de representación
- No caso das asociacións, fundacións, federacións e demais entidades sen ánimo de lucro: representación da entidade solicitante e escritura de constitución e estatutos debidamente inscritos no rexistro correspondente, e deberá quedar acreditada, de ser o caso, a súa condición de entidade sen ánimo de lucro. Documento acreditativo de que a persoa que asina a solicitude representa á entidade solicitante
- Documentación acreditativa da alta no IAE ou alta no Censo de obrigados tributarios
- Documentación acreditativa da alta na Seguridade Social
- No caso de non autorizarlle ao Concello de Lugo a consultar a súa situación de estar ao corrente de pagamentos coas diferentes administracións públicas, deberá achegar os certificados emitidos pola Axencia Estatal de Administración Tributaria, a Seguridade Social e Xunta de Galicia
- Convenio colectivo sectorial de aplicación
- Aceptación de forma de comunicación/notificación
- Memoria descritiva da actividade da empresa
- Cadro resumo do perfil do perfil do traballador e retribucións
- Certificado da conta bancaria emitido pola entidade financeira para o ingreso da axuda
Solicitude de Xustificación da Axuda (Anexo II) - Documentación que se debe achegar:
- Contratos, nóminas e TC (TC1 e TC2 relativos ao período subvencionable)
- Xustificantes do pagamento dos custos de persoal e da cotización empresarial á Seguridade Social (xustificante bancario no que estea perfectamente identificada a transacción)
- Informe de vida laboral da persoa traballadora contratada actualizada
- Informe de vida laboral da empresa actualizado
- Informe de períodos de inscrición no Servizo Público de Emprego no que poida verificarse a antigüidade da demanda da persoa traballadora contratada
- Certificado da conta bancaria emitido pola entidade financeira para o ingreso da axuda
- Memoria explicativa e detallada da realización da totalidade do proxecto con expresa mención dos resultados obtidos de acordo co establecido na resolución de concesión
- No caso de non autorizarlle a súa consulta ao Concello de Lugo no momento da solicitude: certificados de estar ao corrente dos pagamentos coas Administracións Públicas